O Departamento de Bioloxía-Xeoloxía fixo dúas achegas na Semana Cultural adicada este ano á Gastronomía:
1- UNHA PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS.
O alumnado de 1ºESO respresentou mediante caixas e alimentos contidos nelas cales deben ser os alimentos consumidos e en que proporcións debemos facelo ao longo dun día.
O alumnado de 1ºBAC fixeron un pequeno proxecto que consistía en ver se a floral bucal depende máis do que comemos un día ou das nosas características individuais. Para elo sementaron en Agar, o raspado dos dentes cun bastoncuillo e deixáronno evolucionar uns 10 días. amosaron o seu resultado (aínda non rematado) e explicaron o proxecto no patio central do instituto nos recreos de mércores e xoves. Prepararon unha presentación para explicar e ensinar todo o proceso e ademáis recolleron "mostras" do alumnado que se achegou ao stand, cuxos resultados daránselles máis adiante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario