A
biblioteca expón algúns dos seus fondos relacionados
coa sétima arte. Desde o tratado sobre a transmisión do
cinema na escola (La hipótesis del cine, de
Alain Bergala), a
entrevista-conversación que mantiveron Alfred Hitchcock e
François Truffaut (El cine según Hitchcock
de François Truffaut) ou a Historia del cine en Galicia
(1896-1984). ‘El papel de
las mujeres en el cine, da estudiosa Pilar Aguilar Carrasco, fala
da relación entre as mulleres e o cinema e recolle a súa
presenza neste ámbito.
A
edición española de The Story of Filme de Mark
Cousins recolle a historia do cinema en 5 DVD cunha duración
total de 900 minutos nos que se explica cunha grande realización
a gramática fílmica básica. Tamén
expoñemos a colección de grandes directores elaborada
por Cahiers du Cinéma con algúns dos títulos
dispoñibles en DVD.
Para
poñernos ao día coas últimas novidades podemos
consultar os últimos números da revista
Caimán-Cuadernos de cine e algún dos títulos en
DVD recentemente galardoados cos Premios Goya e Óscar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario