Cómpracenos informar que o noso centro IES Plurilingüe "Rafael Dieste" foi un dos 30 novos institutos da comunidade galega elexidos para incorporarse no programa "RADIO NA BIBLIO" para o curso 2019-20.
Este programa, dentro do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), consiste na introdución da radio nas bibliotecas escolares de centros públicos (integrados no PLAMBE, nos estamos dende o curso 2010-11).
Iremos informando das actividades a realizar neste programa.
A prensa local recolle a noticia da adxudicación do programa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario