Hoxe celébrase no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela ás XIII
Xornadas dos Clubs de Lectura. A reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de cultura Educación e Universidade. Neste curso 2020/2021 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 213 centros que matriculan alumnado de ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Persoas Adultas, e Ensinanzas de réxime especial. Esta XIII Xornada dos Clubs de Lectura reunirá así a preto de 250 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado. Asiste a nosa coordinadora do Equipo de Biblioteca, Matilde de Cal.
Entrégase Premio dos Clubs de Lectura 2021, a escritora Eva Mejuto, por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2019/2020. Premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado e Carlos Negro, María Reimóndez e Andrea Maceiras.
Participan a escritora Marta Sanz, o escritor, periodista e investigador en comunicación José Miguel Tomasena falará da xente moza as prácticas de lectura nas redes e o autor e ilustrador Miguelanxo Prado, Premio dos Clubs de Lectura no ano 2017.
Ningún comentario:
Publicar un comentario