Xa
estamos de volta e, como sempre, desexamos que o voso verán fose
agradable, formidable, bestial... Moita auga, sol nos ollos, area e
verde, verde e area, e moita luz. Durmir pouco ou moito, comer ben ou
fatal, ter tempo para un mesmo o estar rodeados sen tregua de
amizades, libros novos..
Xa estamos de volta e, coma sempre, desexamos que o inicio do curso tamén sexa bo: xente que nos gusta ver de novo, lapis de cores, gomas novas ou vellas, cadernos por estrear, máis libros novos ..o que lle guste a cada un.
Dende a Biblioteca do Dieste, estamos seguros de que este curso vai se mellor que o pasado. Para que así sexa, nós estamos dispostos a poñer o noso graniño de área con novidades, actividades, concursos e o que se vos ocorra propoñernos. Para iso temos unha caixa de suxestións noviña, agardando a que o estreedes a partir do primeiro de outubro.
Un saúdo e ata entón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario