24/10/22
24-O: DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022
21/10/22
FORMACIÓN DE USUARIOS DE BIBLIOTECA 2022 ALUMNADO 1ºESO
10/10/22
HORA DE LER 2022-23: HORARIOS TRIMESTRAIS
06/10/22
ANNIE ERNAUX, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2022
A escritora francesa Annie Ernaux foi galardoada co Premio Nobel de Literatura 2022, según comunicou o secretario da Academia Sueca, Mats Malm na sede da institución en Estocolmo hoxe.
Ernaux é so a muller número 17 que gaña o Nobel de Literatura no seus 123 anos de historia e era unha das favoritas deste ano.
O xurado destaca que se lle concede o premio "pola súa coraxe e agudeza clínica coa que descubre as raíces, os estranxamentos e as restricións colectivas da memoria persoal". Ernaux cre "na forza liberadora da escritura". O seu traballo é intransixente e está escrito nunha linguaxe sinxela e limpa.
+ info:
- wikipedia: ANNIE ERNAUX
- a noticia no xornal "EL PAÍS":
A escritora francesa Annie Ernaux gaña o Premio Nobel de Literatura 2022
03/10/22
CONVOCATORIA DO CONCURSO "AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2022-23"
Convocatoria do concurso As miñas bibliotecas
Como todos os anos, o día 24 de outubro é o Día Internacional da Bibliotecas. Para celebralo, a Biblioteca convoca un concurso de Selfies AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2022 – 2023
O obxectivo do concurso é promover a visita ás bibliotecas da bisbarra e da cidade, ou cando menos, acercarse a elas e situalas. Rexerase polas seguintes bases:
I.- DESTINATARIOS. O concurso está dirixido a todo o alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste. Pódese participar individualmente ou en grupos
II.- CONTIDO. Cada participante ou grupo de participantes debe facerse un selfie no que se vexa unha biblioteca real da cidade (non vale imaxe dunha biblioteca). As fotos poden ser individuais ou en grupo.
III.- PARTICIPACIÓN. A participación no Concurso farase enviando a devandita foto ao correo: bibliodieste21@gmail.com
No correo hai que indicar en asunto Concurso de selfies. Ademais, hai que achegar a foto en formato jpg, e indicar nome e apelidos, curso e grupo.
A Biblioteca encargase de imprimir as imaxes e poñelas no taboleiro da clase correspondente.
IV.- CALENDARIO. As imaxes poden enviarse ata o 31 de outubro.
A entrega do premio celebrarase nunha data, aínda por definir, dentro da primeira avaliación. As persoas gañadoras serán debidamente informadas desta data.
V.-
PREMIOS. – Hai varias categorías de premios:
- Premio individual ao mellor selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.
- Premio para a foto con máis xente posando para o selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.
- Premio para a clase que teña a porcentaxe máis alta de selfies. Premio para a clase.
Unha vez definidos os premios, faranse públicos a través do blog da Biblioteca.
VI.- MEMBROS DO XURADO. - O xurado estará integrado por 5 membros: unha persoa de dirección, un profesor o profesora do grupo da Biblioteca, un voluntario/a da Biblioteca, unha persoa do grupo DiverXentes e outra de persoal non docente do instituto.
VI.- DEREITOS DE IMAXE. - A participación no concurso implica ter entregado o permiso para utilizar a imaxe do alumno/a.
VII.- ACEPTACIÓN DAS BASES. - A participación no concurso implica a plena aceptación do contido destas bases. A Biblioteca, organizadora do concurso, resérvase o dereito de modificalos, comunicándollo aos participantes a través do blog da Biblioteca.
Ánimadevos!
ETIQUETAS
PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
Tras os ataques terroristas do pasado venres en París, queremos mostrar a nosa total repulsa e condena ante este atroz ataque á vida ...
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
O día 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna , saímos de viaxe de estudos para Grecia cos alumnos, e non puidemos celebralo den...
-
Foto: ojo.pe Hoxe soupemos da morte do prestixioso científico Stephen Hawking. No día no que o perdemos queremos recordalo. Aquí uns li...
-
No Día Internacional da Muller Traballadora, hoxe 8-Marzo, queremos compartir o cómic de Emma Clit sobre a carga mental que soportan as ...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Versión española - Arrugas (película) 28 ene 2014 "Arrugas" narra la amistad entre Emilio y Miguel, dos ancianos recluid...
-
O 12 de decembro de 1914 saen da imprenta La Lectura de Madrid os primeiros exemplares de Platero y yo , un deses libros ao que volves ...
-
As nenas celebran hoxe, o 11 de outubro, o seu primeiro día internacional, despois de que as Nacións Unidas o declararan a finais d...
-
Para celebrar o Día do Libro tivemos un evento especial: Feira do libro no patio interior do instituto. Desde Bibloteca e coa colaboración d...
PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
A Conferencia Xeral da UNESCO celebrada en Paris no ano 1999 decide proclamar o 21 de marzo DIA MUNDIAL DA POESÍA . E como ese mesmo día xa...
-
Cupido e Psique de ANTONIO CÁNOVA (1757-1822) A semana do 9 ao 14 de febreiro celebraremos o Día dos Namorados con diversos actos: ...
-
As nenas celebran hoxe, o 11 de outubro, o seu primeiro día internacional, despois de que as Nacións Unidas o declararan a finais d...
-
Se vos gustan os tebeos de aventuras estades de noraboa. Atopamos unha bitácora titulada Joyas Literarias Juveniles da que mesmo podedes de...
-
Foto: ojo.pe Hoxe soupemos da morte do prestixioso científico Stephen Hawking. No día no que o perdemos queremos recordalo. Aquí uns li...
-
No Día Internacional da Muller Traballadora, hoxe 8-Marzo, queremos compartir o cómic de Emma Clit sobre a carga mental que soportan as ...
-
Tras os ataques terroristas do pasado venres en París, queremos mostrar a nosa total repulsa e condena ante este atroz ataque á vida ...
-
O día 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna , saímos de viaxe de estudos para Grecia cos alumnos, e non puidemos celebralo den...
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
Estes días estamos a voltas coa organización da HORA DE LER. Para ir facendo boca, queden aqui estas palabras fermosísimas dun escritor impo...
PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían...
-
Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro? Aquí tedes a menciña Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraindi...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...












