05/10/16

5-O: DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES


Un ano máis, cada 5 de outubro, celébrase o Día Mundial dos Docentes.

Hoxe para celebralo recopilamos unha serie de frases que reflexionan sobre a docencia...

E uns videos: un, donde todo o mundo opina de cómo deberíamos ensinar. Outro de agradecemento aos profes.

Feliz día a toda á comunidade escolar!

Frases reflexionando sobre a docencia:
"Cos meus maestros aprendín moito,; cos meus colegas, máis, cos meus alumnos ainda máis". (Proverbio hindú)

"Elexín educar, para formar persoas íntegras". (Celia Bravo, profesora)

"A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo". (Nelson Mandela)

"Un recorda con aprecio aos maestros brillantes, pero con gratitude aos que tocaron os nosos sentimentos". (Carl Gustav Jung)

"A mente que se abre a unha nova idea, xamais volverá ao seu tamaño orixinal". (Albert Einstein)

"Os mellores profesores son aqueles que saben transformarse en pontes, e que convidan aos seus discípulos a franquealos". (Nikos Kazantzakis)

"Mestre é aquel que fai soñar ao seus alumnos en facer posible o imposible". (Miguel Ángel Cornejo)

Video "Debería...":


Video: "Grazas":



04/10/16

ANIVERSARIO DO CALENDARIO GREGORIANO


Se entrades hoxe en Google a buscar calquer cousa, atoparédesvos coa primeira das imaxes en lugar do nome do buscador. Como sempre, están conmemorando algo: hoxe é o 434º aniversario da introducción do Calendario Gregoriano.
Un calendario de orixe europea que actualmente ainda seguimos a utilizar en Europa, as súas antigas colonias e en boa parte do resto do mundo. Recibe este nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, e substituíu en 1582 ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.C.

02/10/16

DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA 2016: "É A ÚNICA SAÍDA"


“A Non-violencia é a única salida” (lacomunidadmundial.org)
No ano 2007 a Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) instaurou o 2 de outubro como “Día Internacional da Non Violencia”.
Este 2 de outubro de 2016 atopa ao noso mundo sumerxido nun proceso de crisis, violencia e desestructuración crecente.
Ningunha rexión, ningún país, ningún grupo ou persoa escapa a esta situación. A escalada de sufrimento e violencia exprésase de diferentes maneiras, dende as máis aberrantes e crueis ata as máis ocultas e sutís.
Problemas de fame, guerras e conflictos bélicos, millóns de refuxiados abandoados polos países, ameaza nuclear permanente, guerras culturais e étnicas, crisis financieiras, explotación económica, desocupación crecente e ameazas de todo tipo parecen multiplicarse en todos os rincóns do planeta.
Ao mesmo tempo a violencia e o sufrimento invaden tamén aceleradamente a interioridade do ser humán mergullándoo na desesperanza e o sen-sentido da vida e xerando un aumento crecente das enfermidades mentais, a violencia persoal, a locura, o aillamento, a incomunicación e o suicidio.
É falso e ilusorio imaxinar que estes graves problemas se resolverán soamente gracias á acción dos gobernos ou dende os sectores do actual poder mundial que xeneran as crises. É necesaria a reflexión e a acción decidida das organizaciones e persoas comúns que desexan vivir nun mundo mellor.
Cada día multiplícanse as expresións de quen loitan por transformar un sistema social violento e inhuman: movilizacións solidarias de axuda aos refuxiados, movilizacións anti-bélicas en Europa, América e Asia; movilizacións de “indignados” que se opoñen en todos os casos ao sistema económico inhumán que os gobierna; as masivas movilizacións non-violentas das novas xeracións en reclamo dunha mellor educación e de xusticia social; todo esto sumado ás multitudes de actividades que desenvolven humanistas en todo o planeta, nos seus barrios, universidades e centros de traballo.
A sensibilidade non-violenta faise sentir nos plantexamentos de moitas organizacións e persoas. Hoxe máis que nunca, mentras recordamos o 2 de Outubro como Día Internacional da Non-Violencia, queremos repetir a proclama máis importante do momento, que nos di: “A Non-violencia é a única saída”.
A “non-violencia” é: non-violencia física, non-violencia económica, non-violencia relixiosa, non-violencia racial e non-violencia psicolóxica.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER