Se aínda non pechastes a vosa carta aos Reis Magos, engadide na P/D que vos deixen para ler estes días La conspiración de las lectoras, que seguro que non vos vai defraudar.
J. A. Marina e Mª Teresa Rguez de Castro, recuperan neste ensaio a memoria histórica dunha xeración de mulleres que en 1926 crearon en Madrid o Lyceum Club Femenino, que en palabras de Mª Teresa León, unha das súas integrantes, "Se habían propuesto adelantar el reloj de España".
"Entre todos los movimientos feministas, las conspiradoras del Lyceum resultan un grupo muy atractivo, formado por mujeres brillantes y rompedoras que, además, vivieron una especie de parábola histórica. Procedentes de ambientes muy diversos, se reunieron durante años en un ambiente de concordia que se mantiene a pesar de que la sociedad española se enfrenta, y acaban dispersándose con la llegada de la guerra." [...]
"Una conspiración de mujeres leyendo libros. Libros que les abren los ojos, que les enseñan a reflexionar sobre la situación de la mujer..." (J.A. Marina e Mª Teresa Rguez de Castro).
Mulleres como Mª de Maeztu, Victoria Kent, Zenobia Campubrí, Mª Lejárraga, Clara Campoamor, Ernestina Champourcin, Concha Méndez e un longo etc. crearon o Lyceum coa finalidade de que as mulleres do seu tempo puidesen ter unha vida cultural plena, máis alá das súas diferenzas políticas ou relixiosas, convencidas de que a educación e a ética eran o único que tiñan para loitar pola igualdade da muller. Iso ocasionaríalles tamén unha década de loitas contra a sociedade machista e conservadora do seu tempo que as calificou de excéntricas, desequilibradas, ateas, e mesmo perigosas, criminais ou opiómanas. "Pero todas ellas, haciendo lo que quieren hacer, sin ruído, provocarán un vuelco social y legal", traballarán para cambiar a lexislación vixente que condenaba ás mulleres á minoría de idade, organizarán conferencias e todo tipo de actos culturais, participarán en política, crearán unha Casa do Neno para coidar os fillos das nais traballadoras. En fin, abrirán camiños que outras continuarán.
Marina e Rguez de Castro ofrécennos a oportunidade de facer unha incursión na vida destas mulleres exemplares, ao tempo que as rescatan do esquecemento no que a historia as tivo acantoadas, o que non só é un acto de xustiza histórica senón tamén un acto indispensable para recuperar a memoria da loita polos dereitos das mulleres que aínda están moi lonxe de se acadar.
2 comentarios:
coi¿Estaría tamén Maruja Mallo?
Comprobarémolo pois ese dato non o vin nunca nas súas biografías- Buscaremos.
Maruja Mallo parece ser que non foi socia do Lyceum pero si participou en moitas actividades do club, porque era amiga de Concha Méndez e Ernestina de Champourcin. Ademais todas estan relacionadas cos da xeración do 27.
Publicar un comentario