Este trimestre imos recuperar os martes poéticos cun poema de Fran Alonso no que nos conta como lembra a escola dos seus soños.
Estudiei nun pupitre de auga gorda
nunha escola onda o mar.
E no recreo ía pescar luras
na chalupa do meu avó.
Aprendía a escribir nunha clase pequena,
de persianas de sal.
No encerado nacían peixes,
e gamelas nos ollos do profesor.
Os meus compañeiros eran xoubas
e eu un tiburón.
O mar anegaba as rúas da cidade
e tiñamos que nadar para salvarnos
ata que tocaba, sempre a tempo,
o timbre do recreo.
QUEN SE ATREVE A IMITALO. AGARDAMOS OS VOSOS TEXTOS NA BIBLIOTECA
Ningún comentario:
Publicar un comentario