Hoxe mércores por fin a biblioteca abre as súas portas para os usuarios despois de permanecer pechada a primeira semana do curso para organizar todo o material donado polo Instituto do Paseo das Pontes. Porén, atoparedes que durante uns días non se poderá acceder á parte do fondo, onde seguimos traballando duro para poder acabar de ordenar e colocar todo o material o antes posible.
Tamén andamos estes días tratando de organizar a HORA DE LER con melloras e cambios con respecto ao proxecto que iniciamos o curso pasado. O horario e as lecturas quedarán fixadas nas avaliacións iniciais a primeiros de outubro.
Cando estea todo listo publicaremos neste blog todas as novidades deste proxecto de fomento de lectura.
Cando estea todo listo publicaremos neste blog todas as novidades deste proxecto de fomento de lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario