Hai uns días recibimos a visita do escritor LORENZO SILVA quen nos veu falar da súa obra en xeral e do libro Algún día, cuando pueda llevarte a Varsovia, en particular. Aínda que estudou Dereito e exerceu de avogado, auditor de contas e asesor fiscal, a súa vocación é escribir, como el mesmo recoñece. Por iso na actualidade escribe, ademáis de novelas, guións para cine e televisión, e colabora habitualmente na revista do Semanal.
O libro Algún día, cuando pueda llevarte a Varsovia trata dunha familia de inmigrantes polacos que se instala a vivir en Getafe, onde son acollidos pola xente do barrio con bastante recelo. Só Laura, a protagonista da historia, síntese atraída por eles, e comeza unha amizade con un dos fillos, Andrés, de dezaseis anos.
Outra das súas obras, la flaqueza del bolchevique, que foi levada ao cine, trata dun executivo que empotra o seu coche contra o descapotable dunha “pija” madrileña, o que lle ocasiona un lío coa policía e o seguro e incítao a aniquilar psicolóxicamente á muller. Pero un día, cando o acoso está no seu punto máis disparatado, vese atrapado nunha historia de amor poética e desgarrada coa irmá da súa vítima.
XA PODES PEDIR NA BIBLIOTECA O LIBRO E A PELÍCULA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario