Hélène Berr era unha rapaza francesa de vinte e un anos que estudaba na Sorbona literatura inglesa, ata que no ano 1942 as leis antixudías de Vichy deron un xiro á súa vida. Gustáballe a música e os libros, aos que se refire con estas palabras: “dentro de mín soa unha especie de campá cando oio falar de libros." Os irmáns Karamazov, Resurrección de Tolstói, o Prometeo de Shelley, Jude o escuro de Thomas Hardy, Shakespeare, a prosa de Hofmannsthal, os poemas de Rilke, os Contos de Chéjov. E Keats, o autor co que máis se identifica, e moitos máis.
Héléne, comeza a escribir o seu Diario o martes 7 de abril de 1942 “porque cómpre que os demais saiban”. “A cada hora do día repítese a dolorosa experiencia que consiste en darse conta de que os demais non saben, que nin sequera imaxinan os sufrimentos dos outros homes (…)”. “E sigo intentando este penoso esforzo de contar.”
E cóntao con sinxeleza, con delicadeza e, ás veces, con desesperanza.“Hai dúas partes neste diario (…), a parte que escribo por deber, para conservar recordos do que deberá contarse, e está a escrita para Jean (Morawiecki, o seu mozo, que marchou a España e logo a África para loitar na Francia libre), para mín e para él”.
A derradeira anotación do Diario é do martes 15 de febreiro de 1944. Ainda que o 8 de marzo -día da súa detención- escribirá unha carta á súa irmá Denise (pág.293). Toda a familia é arrestada. Hélène morrerá en Bergen-Belsen no 1945, aos 24 años, uns días antes de que liberen o campo de exterminio no que ela se atopa.
SE QUERES SABER PREGÚNTALLE AOS LIBROS
Ningún comentario:
Publicar un comentario