Para nós NON, para os gobernantes SI, ou polo menos iso parece, e a materia de GREGO nin che conto. A LOMCE (¡xa está ben de siglas!), a nova Lei Educativa, pretende suprimir a materia de Cultura Clásica na ESO e relegar o Grego a materia optativa, mesmo no bacharelato de humanidades. Cada vez comprendo menos este mundo!
Para defender a permanencia destas materias, xorde unha iniciativa que consiste en escribir o próximo xoves 15 de novembro un tweet en latin ou grego engadindo o hashtag #pipiatioclassica. Ou esta outra que consiste nunha lectura conxunta dos clásicos gregos e latinos o día 12 do 12 do 2012 ás 12 a.m. Desta última iniciativa volveremos a falar máis adiante. Agora compre pedirvos a todos os que creades que a Cultura Clásica non debe desaparecer da ESO, nin o Grego quedar como optativo no Bacharelato de Humanidades, que este xoves enviedes o tweet mencionado máis arriba. E para que non teñades a disculpa de "eu non sei poñer nada en latin nin en grego", aqui tedes algunhas ideas:
Errare humanum est
Γνῶθι σεαυτόν
Omnia vincit Amor
Σκιᾶς ὄναρ ἄνθρωπος
Ave, Caesar, morituri te salutant!
Ἄνθρωπός πολιτικὸν ζῷον
Verba volant, scripta manent
Μνδὲν ἄγαν
Sic tibi terra levis sit!
Μῆνιν ἄειδε, θεά, Πηληϊάδεω Ἀχιλλῆος
Xa podo adiantar que o meu tweet en latín será Quosque tandem, Catilina, abutere patientia nostra? Cambiarei o nome de Catilina por outro, claro está. E o tweet en grego será Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι
ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν (=se os mozos aprenden algo fermoso gárdano na alma), chego a pensar
que é iso o que non queren "que a xente nova aprenda cousas fermosas".
VIDEO PROMOCIONAL DE LA INICIATIVA DE AMUPROLAG Y SEEC MURCIA #yoconozcomiherencia
Para terminar un pouco de humor
Ningún comentario:
Publicar un comentario