Laura Gallego, acaba de ser premiada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2012 pola novela Donde los árboles cantan. Trátase dunha novela épica que se sitúa dentro do xénero fantástico, como a meirande parte da súa produción. Esta obra xa foi número un de ventas o ano pasado. Neste enlace podedes ler un capítulo.
Lembramos que esta autora comezou a súa carreira con obras como Finis Mundi ou La leyenda del rey errante, e conta coa saga Memorias de Idhún e unha trintena de títulos máis. Unha das creadoras con máis éxito no momento actual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario