No mes de decembro a biblioteca adicará as súas actividades á figura do escritor galego Celso Emilio Ferreiro con motivo do centenario do seu nacemento.
Por iso traemos aqui O meu primeiro Celso Emilio, un libro-disco editado por Xerais no que se recolle unha escolma de poemas do autor, en total 28 poemas. Oito deses poemas cobran nova vida musicados e cantados por María Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastra. Unha obra, pois, moi interesante que fai confluír poesía e música na mesma publicación.
A continuación, e para ir facendo boca, deixámosvos con este vídeo filmado durante a gravación e que recolle as impresións dos participantes.
"O meu primeiro Celso Emilio" from Seispés Producións Creativas on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario