Hoxe celebramos a xubilación da nosa compañeira Carmen. Só pasou dous anos con nós pero estaba totalmente integrada no centro. Despedímola cunha mestura de alegría e tristeza, algo xa frecuente neste tipo de despedidas. Pero queremos dicirlle que xa sabe onde quedamos, que nos gustaría que viñese de cando en vez a tomar un cafetiño e charlar un pouco e, de paso, que nos compadeza porque veñen tempos moi complicados.
Ata entón, un bico moi forte e este recordo para que non nos esqueza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario