O pasado martes o Clube de Lectura das Bibliotecas Municipais de A Coruña reuníronse na Biblioteca Ágora para compartir o libro da escritora australiana Helen Garner "O cuarto de invitados".
A novela merecedora de diversos premios, o Premio Barbara Jefferis no año 2009, entre outros, así como do aplauso da crítica e o favor de milleiros de lectores en diversos países, é de carácter autobiográfico e nela Helen Garner aborda temas tan universais como a amizade, a morte e o egoísmo.
A historia está narrada en primeira persoa por Helen unha mujer de casi setenta anos, independente e moderna, que prepara na súa casa de Melbourne, o cuarto de invitados para recibir á súa amiga Nicola, que padece un cáncro e se despraza dende Sydney para someterse a un tratamento de medicina alternativa. Ante a gravidade do estado de Nicola, Helen adopta unha actitude de entrega, coidado e sacrificio no exenta de discusións y fuertes discrepancias coa súa amiga.
"O cuarto de invitados" é unha novela de amizade na enfermidade, cos seus altibaixos, renuncias e limitacións, e sobre as enfermidades terminais, a súa aceptación e a búsqueda a cualquear prezo de solucións e esperanzas, sen olvidar como éstas tocan de cheo ás persoas que rodean al enfermo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario