Ciencia Que Conta é un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.
1. Participantes.
A convocatoria vai dirixida ao alunado de Educación Primaria, Institutos de Educación Secundaria e público en xeral. A participación neste concurso supón a aceptación de todas as súas bases. As obras serán de autoría individual ou cun máximo de dous autores, tendo en todo caso un único premio ao relato.
2. Presentación dos traballos.
Os traballos presentados deben ser orixinais, inéditos e escritos en língua galega. A extensión máxima será de 1000 palabras (aproximadamente tres follas DIN A4). Os traballos enviaranse exclusivamente ao seguinte enderezo:
Indicaranse os datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, teléfono e estudos que cursa) e do seu centro de ensino (nome, enderezo e teléfono), de ser o caso. Nun arquivo adxunto irá o relato, encabezado polo título e o pseudónimo, sen datos persoais. Desde a organización enviarase de volta un correo electrónico confirmando a recepción do relato.
Para calquera aclaración poden dirixirse a contacto@cienciaqueconta.com
3. Prazos.
O prazo de recepción dos traballos remata o 16 de novembro de 2013. As resolucións do Xurado publicaranse na web http://www.cienciaqueconta.com/
Comunicarase por correo electrónico aos gañadores ou a través do seu centro de ensino.
A entrega de premios farase nun acto público.
4. Categorías.
a) Alumnado de Educación Primaria.
b) Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP.
d) Público en xeral.
5. Tema dos traballos.
Non pretenden ser relatos de ciencia ficción nin artigos sobre ciencia nin meras descricións. Procúrase que –en función da idade-se desenvolva un relato curto ou conto a partir dun aspecto científico puntual ou da observación dalgún fenómeno ou experimento simple. Valorarase sobre todo a calidade do traballo e o acerto no contido científico.Os temas a desenvolver nos relatos poderían ter como punto de partida:
- Historias de Ciencia: como se inventou algo, como se solucionou algún problema que había na sociedade utilizando a ciencia, un descubrimento, etc.
- Traballo no laboratorio ou científico: cousas que pasan nun laboratorio, no traballo dun científico ou científica, nas exploracións da natureza, etc.
- Experiencias: ficcións arredor de experiencias simples (ou caseiras), observacións da nosa vida cotiá (na rúa, na cociña, na praia, na festa, nas atraccións de feira, etc.).
- Científicos e científicas: baseado en algún persoeiro científico, algún detalle da súa vida, algunha anécdota, como fixo algún descubrimento, como se lle ocurriu ou elaborou algunha teoría ou lei. Non debe ser unha mera descrición da súa vida. Valoraranse relatos que inclúan mulleres como protagonistas ou arredor de historias de mulleres.
- Na web: http://www.cienciaqueconta.com pódense ler as publicacións resultantes dos concursos anteriores.
6. Comité Organizador e Xurado.
O Comité Organizador está formado polos membros do Grupo DIVULGATIA, da Universidade de Vigo.
O Xurado, nomeado polo Comité Organizador, estará formado por persoas relevantes no campo da divulgación científica, o xornalismo, a literatura ou o ensino das ciencias. As resolucións do Xurado serán inapelábeis.
A presentación das candidaturas supón a conformidade dos participantes coas bases. Calquera cuestión non recollida nelas será resolta a discreción da organización. Os participantes comprométense a xustificar a veracidade dos datos que faciliten sobre as candidaturas presentadas.
7. Premios.
Para cada categoría haberá tres premios:
Primeiro Premio:
Diploma acreditativo.
Tablet.
Segundo Premio:
Diploma acreditativo.
Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á sua idade.
Terceiro Premio:
Diploma acreditativo.
Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á sua idade.
Nas categorías de Educación Primaria e Secundaria poderá haber ademais dous accésits. Os premios poderán declararse desertos.
Os premiados menores de idade deberán acudir a recoller o premio acompañados do seu pai, nai ou titor legal ou cunha autorización expresa destes.
A organización declina cualquer responsabilidade sobre conflitos de propiedade ou cesións de dereitos relativos as candidaturas.
8. Reprodución das obras. Dereitos de imaxe.
As obras seleccionadas serán publicadas na web: http://www.cienciaqueconta.com a partir do 3 de decembro de 2013. Logo da resolución do concurso, como en edicións anteriores, publicarase un libro cunha selección dos mellores relatos presentados ao concurso.
De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, todos os participantes cederán os dereitos en exclusiva de reprodución e difusión das obras presentadas sen necesidade de permiso expreso e sempre que se identifique o nome do autor ou autora. O Comité Organizador poderá publicar as obras presentadas co único requisito de facer referencia á autoría e resérvase o dereito de exposición e distribución dos traballos presentados.
Os autores ceden aos organizadores de xeito exclusivo e coa facultade de cesión a terceiros, os dereitos patrimoniais de explotación das obras obxecto do presente concurso. O Comité Organizador comprométese a exercitar os dereitos de explotación conforme aos bos usos e con rigoroso respecto aos dereitos morais do autor ou autora.
Os participantes conceden ao Comité Organizador o dereito a gravar e utilizar a súa imaxe e voz en actos derivados do presente concurso.
9. Aclaracións sobre estas bases.
Calquera aclaración, puntualización ou rectificación destas bases farase pública na web:
Protección de datos
Os datos persoais dos participantes no Concurso, os dos seus profesores e os dos pais ou titores legais que autorizan a súa participación serán incluídos nos ficheros que a Fundación Barrié ten debidamente inscritos na Axencia de Protección de Datos e que cumpren todos os requisitos da Lei Orgánica 15/1999 e do Real Decreto 1720/2007 que a desenvolve. Todos os datos solicitados aos participantes e aos seus profesores son necesarios para a súa inclusión no concurso e serán destinados á xestión e organización do mesmo. O nome e a imaxe dos concursantes e dos seus profesores, así como o nome dos centros aos que pertencen, poderán ser obxecto de comunicación pública nas actuacións presentes ou futuras que poida levar a cabo a Fundación Barrié sempre que ditacomunicación pública estea relacionada coa súa participación no concurso. Quedan recoñecidos, no entanto, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, que poderán ser exercidos, previa acreditación da personalidade ou da representación, na dirección de Cantón Grande, 9 – 15003 (A Coruña).
Enlace: CONCURSO CIENCIA QUE CONTA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario