Hijo de Caín é unha impactante e perturbadora película do director Jesús Monllaó, baseada na novela Querido Caín de Ignacio García-Valiño, na que o xadrez e as miradas xogan un papel esencial.
A extraña actitude de Nico Albert, un adolescente superdotado, moi afeccionado ao xadrez e cun carácter peculiar chega a preocupar aos pais ata tal extremo que contratan a un psicólogo infantil para que o trate. O psicólogo a través da terapia e da común afección ao xadrez, irá penetrando no mundo de Nico e nas complexas relacións familiares existentes dentro dunha familia aparentemente normal.
Se queredes informarvos con máis detalle do argumento e características da película premede AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario