O 34º Premio Príncipe de Asturias das Letras foi concedido esta pasada semana ao novelista irlandés William John Banville, nacido en Wexford en 1945. É novelista, guionista, recoñecido pola súa prosa precisa, fría, forénsica e o seu humor negro. É considerado como un dos novelistas de lingua inglesa actual máis imaxinativos. Escribe baixo o nome de John Banville e tamén leva publicados como Benjamin Black sete novelas policíacas.
O Príncipe de Asturias súmase aos numerosos premios acadados ao longo da súa carreira. O xurado destacou a súa "intelixente, honda e orixinal creación novelesca, e ao seu outro eu, Benjamin Black, autor de turbadoras e críticas novelas policíacas. Cada unha das súas creacións atrae e deleita pola maestría no desenvolemento da trama e no dominio dos rexistros e matices expresivos, e pola súa reflexión sobre os segredos do corazón humán."
Máis información sobre John Banville neste artigo de "EL PAÍS".
Ningún comentario:
Publicar un comentario