X SEMANA CULTURAL
IES RAFAEL DIESTE
CONCURSO: VAICHE UNHA DE MEDO?


Con motivo da celebración da Semana Cultural, dedicada nesta ocasión ao
cinema, desde a Biblioteca propoñémosvos o seguinte concurso.
Cada día expoñeremos nun panel no patio central do instituto cinco
imaxes vinculadas a cinco películas de terror. Trátase de que recoñezades a que
películas pertencen esas imaxes e escribades os seus títulos exactos nas fichas
numeradas que diariamente atoparedes nunha mesa á beira do panel expositor. Nesa
mesma mesa haberá unha caixa para que deixedes as fichas unha vez estean
completadas. As mesmas imaxes numeradas que se expoñan no panel subiranse,
tamén diariamente, a este blogue.
Deste xeito, poderedes buscar axuda na casa para responder
correctamente. Por este motivo as fichas poderán depositarse na caixa, ou ben o
propio día que se expoñan as imaxes, ou ao día seguinte. Nunca máis tarde. O
concurso rexerase polas bases que figuran a continuación.
BASES DO CONCURSO VAICHE UNHA DE MEDO?
1.
Poden participar todo o alumnado do
instituto.
2.
O concurso desenvolverase durante seis
días lectivos (do
luns, 29 de abril, ao
martes, 7 de maio). Cada día
expoñeranse nun panel no patio
central do instituto
cinco imaxes vinculadas a cinco
películas de terror distintas, cuxos
títulos exactos deben
ser escritos na ficha
correspondente de cada día. Estas fichas estarán numeradas
e os participantes poderanas recoller
da mesa que se colocará á beira do panel
expositor.
3.
Cada estudante que participe só poderá
entregar unha ficha
por cada día de concurso. En
total, seis fichas.
4.
Para que sexan consideradas válidas, as fichas deben conter os datos
persoais (nome e apelidos, nivel e grupo) de cada participante.
5.
As fichas teranse
que depositar nunha
caixa destinada a tal fin
e situada na mesa
á beira do panel expositor.
Como as fichas
están numeradas, só se
validarán as do
propio día ou
as do día anterior. Toda
ficha que non
cumpra este requisito será invalidada.
6.
Dous profesores do
equipo da Biblioteca recollerán
diariamente as fichas
depositadas na caixa, e
corrixiranas.
7.
Pasados os seis días de concurso, a caixa
deixarase un día máis no patio central (o mércores 8 de maio), para que se
poidan entregar as fichas do día anterior. Posteriormente a esa data non se
recollerá ningunha ficha.
8.
Unha vez corrixidas todas as fichas
proclamaranse tres gañadores, segundo o número de acertos que tivesen ao dar o
título exacto das películas representadas nas distintas imaxes expostas durante
os seis días de duración do concurso.
9.
En caso de empate en o número de acertos, o
concurso resolverase mediante un sorteo.
10. PREMIOS: Outorgaranse tres premios:
Primeiro premio: unha sesión de
cinema en familia. Será en Yelmo Cine Los Rosales, en día e hora a convir coa
organización do concurso.
Segundo e terceiro premios: unha película
a cada un (cun valor aproximado de 20€ a elixir polos premiados,
para poder gozar do cinema en casa.