Banda Deseñada
inspirada no cinema
Esta actividade,
realizada nas aulas de 3º ESO, consistiu na creación
dunha BD, ou cómic, inspirada nalgún trazo concreto de
calquera filme escollido polo alumnado: argumento, personaxes,
paisaxes, música..., calquera trazo específico e
definíbel que alentase a idea de traballar unha breve
historieta de non máis de 3 folios. O emprego da linguaxe do
cómic (argumento e trama, deseño de
personaxes, storyboard, traballo cos planos e os ángulos
etc.) foi analizada previamente na clase. Aquí algunhas delas:
Reseñas
de filmes
Nas
clases de 1º Bacharelato traballáronse as reseñas
de filmes, das que podemos ver una mostra na exposición do
patio.
Fotogramas
das películas favoritas
Nas
clases de 2º e 3º ESO e algunhas de 1º ESO os alumnos
elixiron un fotograma da súa película favorita e
fixeron o traballo de describilo para todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario