O venres 3 de maio poidemos escoitar a entrevista que tres alumnos de 2ºESO A e B de ITI fixeron ao actor galego Antonio Durán, "Morris".
Morris é un actor de longa traxectoria interpretativa no teatro e moi coñecido en produccións audiovisuais galegas, como "Pratos Combinados", "Padre Casares" na TVG ou "Fariña".
Nesta entrevista feita por Izán Álvarez Roa e Daniel Seijo Mosquera (2ºB) e Martiño Montes López (2ºA), Morris fala dos seus inicios como actor e fai un repaso das súas interpretacións máis destacadas.
Lamentablemente non conseguimos poder insertar o audio da entrevista aquí, estamos traballando para poder facelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario