Os alumnADO de 1º Bacharelato B e C participaron na Semana Cultural con disfraces de persoeiros de cine.
Érase que se era unha cámara que gardaba os soños. Alí estaban os superheroes e superheroínas coas súas fazañas sempre dispostos a facernos crer que somos invencibles.
Lara Croft: Uxía Queijeiro (1ºBAC-B)
Supergirl: Sofía Villegas (1ºBAC-B)
Tamén gardaba a cámara con agarimo as creacións máis arriscadas, que nos rescataban do tedio cotián.
Os Minions: Mario Barbeito, Lucas Sánchez, Jorge Gª Lozano, Iago Estrella (1ºBAC-C)
O Rei León: Daniel Durán (1ºBAC-C)
E...coma sempre, unha variña máxica arranxounos o mundo ou, alomenos, intentouno.
Harry Potter, Hermione & Weasley: Carlos Galán, Paula Iglesias, Edgar Alfaro (1ºBAC-B)
Pero non podemos fuxir do que somos e, por iso, renacemos en persoas sinxelas, cheas de engado que nos axudan a reconciliarnos coas nosas feblezas.
Charlot: Rosalía Castro (1ºBAC-B)
Forrest Gump: Marcos Castro (1ºBAC-C)
Por iso,...Luces, cámara, Acción!
Ningún comentario:
Publicar un comentario