Foto: Seryhumano.com
O vindeiro venres 27 de setembro o noso centro vaise sumar á Folga mundial polo Clima en defensa do futuro do planeta.
As organizacións e plataformas convocantes fan un chamamento a toda a poboación para que nas oficinas, centros educativos e outros lugares de traballo se realicen concentracións simbólicas de catro minutos e quince segundos entre as once e as doce da mañá. No cambio da terceira á cuarta hora (11:20) faremos a concentración diante da fachada do aparcadoiro do instituto, dentro de recinto do centro, ou no patio central se o tempo non o permite.
Os titores deberán informar aos seus grupos desta iniciativa tan importante. Para ilustralos achegamos uns videos que poden ser interesantes para visualizar nas aulas cando se informe ao grupo da nosa participación.

O video do discurso en inglés de Greta Thunberg nas Nacións Unidas @ ClickOnEnglish
Videos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario