Nesta segunda avaliación, os tres clubs de lectura xa estamos a devorar novas aventuras. O club Alexandría, de 3º e 4º, despois de ler "Yo, Simón, homo sapiens" de Becky Albertali e sorprendernos a todos e todas co cine forum no que gozamos (pese ao frío) do visionado da película baseada na novela, atrévense agora con "Antigona", de Jean Anouilh. Con que nos sorprenderán nesta ocasión?
En 2º ESO temos dous grupos; nun deles están saboreando "Un monstruo viene a verme" de Patrick Ness e os integrantes doutro grupo (Club da xente sen nome con chocolate nunha tarde de verán) están en ascuas lendo "Elevación", de Stephen King.
Como vedes temos lecturas do máis variadas e interesantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario