Samain é a festividade de orixe celta máis importante do periodo pagano que dominou Europa ata a súa conversión o cristianismo, na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro celebrabase o fin da tempada de colleitas na cultura celta e considerábase como o «Aninovo Celta», que comezaba coa estación oscura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano ao outro) como de apertura ao outro mundo. A súa etimología é gaélica e significa fin do verán.
Celébrase dende fai máis de tres mil años polos pobos celtas que poblaron toda Europa.
Rafael López Loureiro, mestre de escola de Cedeira (A Coruña) foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia ata fai menos de trinta anos. Ademáis, tamén comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres, e en zonas de Zamora e de León cercanas a Galicia, onde a lingua e as tradicións galegas están moi arraigadas. Analizou tamén a relación do costume das cabazas co culto á morte e a semellanza coas tradicions irmans das illas británicas. Ata chegou a detectar peculiaridades como a de Quiroga (Lugo), onde a cabaza tallada se seca e conserva para usala como máscara no Entroido.
Xoán Xosé Pérez Labaca tamén defende a pervivencia do samaín en Galicia, e escribe que "aquí era fai uns anos, nalgúns sitios aínda é, moi habitual polas vésperas do Día de Defuntos coller cabazas ... e facer con elas caras aterradoras cuns ollos e unha nariz abertos e colocando uns pauciños, como dentes, na feroz boca aberta, ás que se lle poñía dentro acendido un cabo dunha vela".
Na actualidade, o Samaín segue a celebrarse ano tras ano en gran parte das cidades e vilas de Galicia, como A Coruña, Ferrol, Cedeira, etc. Na vila ourensana de Ribadavia celébrase cada 31 de outubro a festa da "noite meiga" na que a vila se enche de pantasmas, meigas, vampiros... e o castelo de Ribadavia é o gran escenario da pasaxe de terror, entre outras actividades.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
Ningún comentario:
Publicar un comentario