A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


,

,

30/04/10

CANDO VAIAS FACER A VIAXE CARA A ÍTACA

Preme sobre a imaxe

ÍTACA

Cando vaias face-la viaxe cara a Ítaca
prega que sexa longo o camiño
cheo de peripecias, cheo de coñecementos.
Ós lestrigóns e ós cíclpes,
ó entolecido Posidón non lles teñas medo:
cousas semellantes no camiño has de atopar
se o teu pensamento se mantén ergueito,
se unha senlleira
emoción che toca o espírito e o corpo.
Cos lestrigóns e cos cíclopes
co furioso Posidón non has de atopar,
se non os levas xa dentro da túa alma,
se a túa alma non os pon diante de ti.


C. Kavafis, fragmento de Ítaca. (Trad. A. Pociña)

29/04/10

FIN DE FESTA


Todo o que comeza ten que rematar, de modo que mañá arribamos a Ítaca. Mais estade atentos, porque durante a mañá aínda teremos a oportunidade de acompañar a Ulises nalgunhas aventuras. Vede a continuación:

VENRES 30 DE ABRIL

1.- AKRÓPOLIS/BIBLIOTECA:
8:30 – 9:30: Escenificación de fragmentos da Odisea con acompañamento musical.
9:30 – 10:10: Escenificación de fragmentos da Odisea con acompañamento musical.

10:30 – 11:20: Escenificación de fragmentos da Odisea con acompañamento musical.
11:20 – 12:10: Escenificación de fragmentos da Odisea con acompañamento musical.


2.- AGORA:

1º RECREO: Escenificación dun diálogo de Platón.
3.- TEATRO:
12:30 – 13:20: Proxección de TROIA.13:20 – 14:10: Proxección de TROIA.

4.- KAFENIO DO INSTI:

14:10: Festa gastronómica.

28/04/10

MEDEA NO INSTI

Preme na imaxe para ir coñecendo a Medea

Xa pasamos o ecuador da semana cultural. Aquí tedes a programación de mañá:

XOVES 29 DE ABRIL

1.- AKRÓPOLIS/BIBLIOTECA:

8:30 – 9:30: Contacontos mitolóxicos: Afrodita, Hefesto, Ares e Deméter.
9:30 – 10:10: Contacontos mitolóxicos: Afrodita, Hefesto, Ares e Deméter.

10:30 – 11:20: Contacontos mitolóxicos: Afrodita, Hefesto, Hades e Deméter.
11:20 – 12:10: Contacontos mitolóxicos: Afrodita, Hefesto, Hades e Deméter.

2.- AGORA:
1º RECREO: Rapeando a Garcilaso: "A Dafne ya los brazos le crecían".

2º RECREO: Proxección: "8 xogos olímpicos clásicos".


3.-TEATRO:
12:30 - 14:10: MEDEA.

27/04/10

DISPOST@S A BAILAR?


MÉRCORES 28 DE ABRIL


1.- AKRÓPOLIS/BIBLIOTECA:
8:30 – 9:30: Contacontos mitolóxicos: Apolo, Artemis e Hermes.
9:30 – 10:10: Contacontos mitolóxicos: Apolo, Artemis e Hermes.

10:30 – 11:20: Contacontos mitolóxicos: Apolo, Artemis e Hermes .
11:20 – 12:10: Contacontos mitolóxicos: Apolo, Artemis e Hermes.

12:30 – 13:20: Contacontos mitolóxicos: Apolo Artemis e Hermes .
13:20 – 14:10: Contacontos mitolóxicos: Apolo, Artemis e Hermes.

2.- ÁGORA:

1º RECREO: Descanso para ver con calma as exposicións.

2º RECREO: Baile grego.

26/04/10

OS MARTES, POESÍA


Este martes temos unha autora da que apenas quedan algúns versos, porque a maioría deles están perdidos. Trátase de Safo, nacida na illa de Lesbos arredor do s. VI a.C., da que pouco máis coñecemos que os datos que nos revelan as súas composicións.

Dise que casou cun rico comerciante e que, ao quedar viúva, fundou unha escola para rapazas onde ensinaba literatura, música e danza.

A maioría dos fragmentos que se conservan da súa poesía son de temática amorosa, sendo o mellor conservado un himno dedicado a Afrodita.

A poesía de Safo era cantada ao son dunha lira -de aí a denominación de "poesía lírica"- ou ao son dunha especie de laud, ás veces acompañados por unha frauta.

Vede a continuación o Himno a Afrodita na excelente versión do poeta portugués Eugénio de Andrade.

Oh filha de Zeus, imortal Afrodite,
tu que tanto engano teces, em teu trono
cintilante, não sujeites meu coração
a dor tão grande!

Vem, vem como quando um dia ao longe
a voz me ouviste, as súplicas me escutaste,
e a casa de teu pai abandonando
ate mim vieste,

em teu carro de oiro. Belas, velozes aves
do alto Céu à Terra escura te trouxeram
em numeroso e denso agitar de asas
através do ar.

Depressa aquí chegaram, e tu, divina,
um sorriso abrindo no rosto imortal,
perguntaste que sofrimento era o meu
para assim clamar,

e que quería meu louco corazão ainda.
"Quem queres tu que persuada agora
ao teu amor? De quem te queixas, Safo?
Quem te atormenta?

Se ela te foge, seguir-te-á não tarda;
se o que lhe dás recusa, em breve será ela
a dar; se te não ama, sem que o deseje,
virá a amar-te."

Oh vem, vem agora e liberta-me desta
angústia mortal! O que meu coração
tanto deseja, faz que aconteça. Vem,
ajuda-me a lutar!

SE VOS GUSTA PASADE POLA BIBLIOTECA A LER OUTROS POEMAS SEUS.

ACTIVIDADES DO MARTES CULTURAL


MARTES 27 DE ABRIL

1.- AKRÓPOLIS/BIBLIOTECA:
8:30 – 9:30: Contacontos mitolóxicos: Hades, Atenea, e Dioniso.
9:30 – 10:10: Contacontos mitolóxicos: Hades, Atenea e Dioniso .

10:30 – 11:20: Contacontos mitolóxicos: Hades, Atenea e Dioniso.
11:20 – 12:10: Contacontos mitolóxicos: Hades, Atenea e Dioniso.

12:30 – 13:20: Contacontos mitolóxicos: Hades, Atenea e Dioniso.
13:20 – 14:10: Contacontos mitolóxicos: Hades, Atenea e Dioniso.

2.- ÁGORA:
1º RECREO: Posta en escena de: "Os teoremas de Tales".

2º RECREO: Posta en escena de: "Os teoremas de Pitágoras".

3.- PROXECCIÓNS:

16:30 - 17:20: A película "300".

17:20 - 18:10: A película "300".

25/04/10

MAÑÁ COMEZA A SEMANA CULTURAL

LUNS 26 DE ABRIL

1.- INAUGURACIÓN DA SEMANA CULTURAL:• Exposición de cerámica e moedas.
• Exposición de traballos dos alumnos.
• Exposición de libros.
2.- AKRÓPOLIS/BIBLIOTECA:8:30 – 9:30: Contacontos mitolóxicos: Zeus, Hera, Poseidón.
9:30 – 10:10: Contacontos mitolóxicos: Zeus, Hera, Poseidón.

10:30 – 11:20: Contacontos mitolóxicos: Zeus, Hera, Poseidón.
11:20 – 12:10: Contacontos mitolóxicos: Zeus, Hera, Poseidón.

12:30 – 13:20: Contacontos mitolóxicos: Zeus, Hera, Poseidón.
13:20 – 14:10: Contacontos mitolóxicos: Zeus, Hera, Poseidón.

3.- ÁGORA:
1º RECREO: Declamación do enfrontamento entre Aquiles e Hector d’A Ilíada.

2º RECREO: Degustación de comida grega para os alumnos colaboradores.

23/04/10

A POESÍA, PROTAGONISTA DO DÍA DO LIBRO


Un ano máis chegou o día no que os libros saen das aulas, das bibliotecas e dos reductos aos que habitualmente os asociamos para tomar patios e corredores, rúas e prazas, e converterse en protagonistas con maiúscula. E tamén un ano máis se fai entrega do Premio Cervantes, que este ano recibe José Emilio Pacheco, un poeta nacido no ano 1939 na cidade de México.

Autor de libros tan relevantes como Los elementos de la noche (1963), No me preguntes como pasa el tiempo (1969) ou Siglo pasado (2000),os amantes da poesía temos a oportunidade de facer unha viaxe por toda a súa poesía con Contraelegía, una antoloxía realizada por Francisca Norguerol e publicada pola Universidade de Salamanca, ou coa edición da súa poesía reunida publicada por Tusquets co título de Tarde o temprano, un nome que, como di Luís Muñoz, "parece tener insertado, como tantos de sus poemas, el tic tac amenazante de un reloj y que une en un segmento común el destino irremediable de vida y poesía, es decir, la muerte y el olvido".

Para Luís Muñoz "El sistema poético de José Emilio Pacheco está particularmente alerta ante cualquier ocasión, del tipo que sea -literaria, cultural, vivencial, imaginativa, especulativa-, para constatar, casi siempre con una ironía que suele ir acompañada de un rebufo impagable de ternura, la pequeñez del ser humano y la temporalidad de todas sus obras."[...]

"Hay en sus poemas, al mismo tiempo, un entusiasmo genuino, a flor de piel, por los últimos elementos de la actualidad, de la que no desdeña los avances tecnológicos, ni los sucesos políticos, ni la velocidad de las modas, y una inmersión gozosa y seria hasta los espejos de la historia donde todo encuentra, al fin, la distancia adecuada, que es tambien, sin lugar a dudas, la forma más penetrante de acercamiento."

Escoitade as súas palabras:



E agora lede as súas palabras:

Luz y silencio


Todo lo que has perdido, me dijeron, es tuyo.
Y ninguna memoria recordaba que es cierto.

Todo lo que destruyes, afirmaron, te hiere.
Traza una cicatriz que no lava el olvido.

Todo lo que has amado, sentenciaron, ha muerto.
Porque en la sombra hay algo que acabó para siempre.

Todo lo que creíste, repitieron, es falso.
Cayeron las palabras con que empezó tu tiempo.

Todo lo que has perdido, concluyeron, es tuyo.
Una luz fugitiva anegará el silencio.
Los elementos de la noche (1962)


E tamén para celebrar o Día do Libro, Juan Mata deixou como agasallo para todas as Bibliotecas Escolares de Galicia o texto que tedes
AQUÍ.

22/04/10

DÍA MUNDIAL DA AUGA


A ONU declarou o 22 de abril Día Mundial da Auga, que este ano se celebra baixo o lema "Auga limpa para un mundo san".

A auga tivo un papel fundamental na cultura dos antigos gregos, que tiñan numerosas deidades relacionadas co mundo das augas, entre as que destaca Poseidon, o deus do mar.

Para Tales de Mileto, un dos sete sabios de Grecia, que homenaxeamos na Semana Cultural que comeza o luns, o arjé, principio orixinal de todas as cousas, era a auga, da que todo procede e á que todo volve outra vez.

Tedes a continuación un avance do documental "Océanos" para que vos animedes a velo completo a fin de semana.


21/04/10

SEMANA CULTURAL 2010

GRECIA: ENTRE O DIVINO E O HUMANO

Premede na imaxe para ampliala


A ILÍADA: actuarán alumnos de 2º de Bach. A, 1º de Bach. B e 2º de ESO A.
A ODISEA: actuarán alumnos de 1º de Bach. B.
XOGOS OLÍMPICOS: actuarán alumnos de 3º ESO C.
TALES: actuarán alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO e 1º e 2ºde BACH.
PITÁGORAS: actuarán alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO e 1º e 2º de BACH.
BAILE GREGO: actuarán alumnos de 4º da ESO.
RAP: actuarán alumnos de 4º da ESO A.
SÓCRATES: actuarán alumnos de 1º de BACH. B.
OS DEUSES (contacontos mitolóxicos): actuarán alumnos de 3º da ESO de C. Clásica.

Xa está na sala de profesores un horario baleiro para que vaiades apuntando os cursos que queredes que asistan ás diferentes actividades .

20/04/10

OS MARTES, POESÍA

As illas Cíes na Ría de Vigo

A nosa lembranza é hoxe para Xohana Torres, unha extraordinaria poeta nacida en Santiago en 1931 e residente na actualidade en Vigo. Adscrita á xeración dos 50, deuse a coñecer no ano 1955 ao recibir o premio de poesía da Asociación da Prensa de Vigo.

Xohana Torres, numeraria da RAG, non ten unha obra moi extensa, pero si intensa. O seu primeiro libro Do sulco foi publicado en 1957 na colección Illa Nova de Galaxia. Moitos anos despois publica Estacións ao mar (1980), Premio da Crítica Española e Tempo de ría (1992). No ano 2004 saíu unha edición que recopila toda a súa poesía co título de Poesía completa (1957-2001).

Xohana Torres é tamén autora dunha novela titulada Adiós María (1971) Premio Galicia do Centro Galego de B. Aires, que se inscribe na etapa da Nova Narrativa Galega, e dúas obras teatrais: A outra banda do Iberr (1965) e Un hotel de primeira sobre o río (1969). Ademais escribe literatura infantil e ensaio, fai traducións e colabora en diferentes revistas literarias.

Eliximos para lembrala o poema Penélope no que a mítica personaxe da Odisea se rebela contra o seu destino e berra: "EU TAMÉN NAVEGAR", verso que a autora utilizará tamén como título do seu discurso de entrada na RAG.

DECLARA o oráculo:

"QUE á banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.

QUE ramos de loureiro erguen rapazas,
QUE cor malva se decide o acio.

QUE acades disas patrias a vendima
QUE amaine o vento, beberás o viño.

QUE sereas sen voz a vela embaten
QUE un sumario de xerfa polos cons".

Así falou Penélope:

"Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMÉN NAVEGAR."

19/04/10

VESTIARIO GREGO

Xa podedes elixir o modelo que máis vos guste. Só tedes que mirar no catálogo que tedes a continuación:

18/04/10

AGASALLO DUN BLOG AMIGO

O blog da biblioteca do Colmeiro, que seguimos dende hai moito tempo polo seu bo facer e polo interese que nos suscita o que publican, tivo a xenerosidade de agasallarnos con este selo, ante o que só podemos dicir: GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS.
O blog da biblioteca do Colmeiro está entre os nosos preferidos case dende que empezamos como blogueiras, pero como temos que poñer outros dez blogs que nos gustan, elixiremos algúns outros que tamén temos como favoritos dende hai moito tempo:
A MARELA TARABELA
ARS LEGENDI
AS MARIÑAS
BIBLIOAFONSO
MESTURAS
O SEGREL DO PENEDO
RADIOTECA
A REVOLTA DA FREIXA
BIBLIOARZÚA
TRAFEGANDO RONSEIS
Requisitos que implica:
1) Os blogs elixidos tedes que incrustar á imaxe do selo un enlace ao blog que outorgou o premio e
2) Seleccionar e enlazar dez blogs máis que segundo o voso criterio valen a pena.

16/04/10

DÍA MUNDIAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL

O 18 de abril de 2006 saía no xornal El Progreso o texto de Rosa Aneiros que tedes a continuación. Hoxe, catro anos despois, a situación que aquí se denuncia segue a ser a mesma.

"Iqbal Masih tiña como única posesión os seus doce anos. Aos catro foi vendido por 600 piastras -menos de quince dólares- para traballar nas industrias tecelás do Paquistán. Iqbal tecía alfombras durante doce horas ao día a cambio de tres centavos.

Un día o pequeno rompeu os fíos que o ataban á tecedeiras e converteuse na voz da denuncia de millóns de nenos escravos do mundo. Cos premios recibidos abriu unha escola na que quería aprender para facerse avogado. A súa loita fixo que pecharan varias empresas nas que traballaban como escravos nenos e nenas pero, tamén, que puxeran prezo á súa pel.

O día 16 de abril de 1995, Iqbal caeu abatido a balazos polas costas cando pedalaba na súa bicicleta. As mafias tapiceiras paquistanís non perdoaron a súa voz, unha voz que xa se escoitara internacionalmente, mesmo na ONU. Dende entón, o día 16 conmemórase en todo o mundo o día internacional contra a escravitude infantil.

A tráxica historia de Iqbal non é, por desgraza, unha excepción. Segundo Unicef, no mundo hai uns 250 millóns de cativos forzados ao traballo. Minas, canteiras, tabaqueiras, fábricas de tixolos, tecedeiras, o agro... Os corpos infantís son utilizados como man de obra barata para satisfacer a fame insaciable do capitalismo.

Nenos-soldado. Nenas-prostitutas. Nenas-obreiro. Nenos-sida. Nenos-venda de órganos. Nenas-pegamento. Nenos-rúa. McDonalds e Disney son citadas pola Axencia de Información para América Latina como multinacionais que empregan a menores para fabricaren xoguetes. Os nenos dos países subdesenvolvidos cosen as pequenas pezas coas que os nenos occidentais tecen os seus soños. Os alicerces da ilusión."

Se queredes ler as opinións de Paula Casal e Mª Xosé Gutiérrez sobre este tema, premede
AQUÍ.

15/04/10

GÚSTAME LER

Frieda

Con motivo do mes dos libros os alumnos de 2º de Bach. reflexionaron sobre o tema da lectura. O texto que vos deixamos a continuación é a opinión de Paula Casal que pode servir de paradigma do que opina a maioría deles.

"A lectura é a base de toda formación. En calquera exercicio, exame ou traballo pode aprezarse se unha persoa é lectora ou non.

Unha boa expresión sempre é favorable á hora dunha cualificación en calquera materia ou para presentar calquera tipo de escrito formal como pode ser unha solicitude de traballo. Coa lectura vas adquirindo esa capacidade de manifestar as túas ideas, os teus pensamentos, de maneira ordenada e sinxela, sen que se produzan malentendidos. E á boa expresión hai que engadir tamén o enrequecemento de vocabulario que supón ter a lectura por hábito. Cantas máis palabras e significados coñezas, máis poderás empregar e así precisar e dar a coñecer con maior exactitude aquilo que queres dicir. E esta é só unha das partes positivas de ler, porque ligado a este campo da expresión atópase tamén o da comprensión.

A forza de ler, agudízase a actividade mental, e isto axuda non só a comprender mellor un determinado texto como é o caso dun comentario ou unha crítica, senón que volve máis rápido e máis sinxelo o proceso de aprendizaxe: canto mellor comprendes un tema, maior será a túa capacidade para memorizalo ou incluso para amosar máis interese por el. Da mesma maneira adquirirás facilidade para aprender diferentes linguas se te atreves coa lectura de textos orixinais.

En conclusión, as consecuencias da lectura son todas positivas en canto á formación do individuo. Non obstante, non quero dicir con isto que haxa que obrigar a ninguén a ler se non quere. O ideal sería o fomento da lectura nos nenos pequenos, para que vaian espertando a súa vea lectora pouco a pouco. Desa maneira, cando medren, collerán un libro por pracer, porque de verdade disfrutarán da súa lectura, pero non por obriga. Pois aqueles que aborrecen os libros é simplemente porque non os saben aprezar, porque non adquiriron este bo hábito dende pequenos."

Concordades co que di Paula ou tedes outra opinión? Agardamos polos vosos comentarios.

13/04/10

OS MARTES, POESÍA

Gustav Klimt
O noso poeta de hoxe é o mindoniense Álvaro Cunqueiro, un dos autores máis relevantes da historia da literatura galega. Poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, articulista... De estilo persoal e inconfundible, os seus libros foron traducidos a un sinfín de idiomas e estudados en universidades de todo o mundo.

Cunqueiro deuse a coñecer como poeta nos anos 30 do século pasado coa publicación de Mar ao norde, Poemas do si e non e Cantiga nova que se chama ribeira, e despois dun tempo sen escribir en galego a causa da Guerra Civil, publica en 1950 Dona do corpo delgado e no 1980 Herba aquí ou acolá.

Como narrador en galego o seu primeiro libro foi Merlín e familia, ao que sucederán As crónicas do sochantre, Escola de menciñeiros, Si o vello Sinbad volvese ás illas..., Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes.

En canto á súa produción teatral comeza con O incerto señor don Hamlet, principe de Dinamarca, logo virá A noite vai coma un río e finalmente Palabras de víspera.

Mais Cunqueiro tamén escribiu obras en castelán como Las mocedades de Ulises, Un hombre que se parecía a Orestes, Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca, El año del cometa...

Eliximos para lembralo un poema de Herba aquí ou acolá titulado Eu son Danae que nos serve tamén de vinculación coa SEMANA CULTURAL:

Eu son Danae. Núa caía no leito come
bianca neve scende senza vento.
E chegou segredo coa fúlgura
convertido en moedas de ouro que caíron
sobre min, e arredor, e no chan.
Díxose a si mesmo unha voz e aquel ouro de ceca
arremuiñouse nun amén e fíxose o varón.
Atopoume virxe, sucoume e sementou.
Bebeume, como quen se deita con sede sobre un río.
Pro, o pasado pasado.
Agora vou vella, e nun reino de columnas derrubadas
vou e veño por entre os cipreses e as pombas.
Téñenme por tola, e coidan que minto
cando digo que fun desvirgada por Zeus.
Pra burlarse de min chinchan unha moeda no mármore
e eu coido que el volve, e tiro a roupa
e déixome caír núa na herba come
bianca neve scende senza vento.
Nin escoito as súas risas. Xa vou vella
pro nunca puiden saír daquel soño de antano.


Na biblioteca tedes as obras completas de Cunqueiro.

12/04/10

A CIDADE QUE LE


Coa chegada de abril, o mes do libro, a cidade da Coruña énchese de actividades relacionadas con eles. Aquí volas deixamos para que elixades as que máis vos gusten:

CONCURSO BIBLIO-CLIP: Realización de curtas (dun máximo de 35 segundos) inspirados nas bibliotecas e na lectura. Comeza o 12 de abril – Entrega de premios o 24 de outubro
CANTO DE PERMANENCIA - HOMENAXE A UXÍO NOVONEYRA: Música, audiovisuais e poesía. Actuación de Uxía Senlle sobre poemas de Uxío Novoneyra. No Teatro Rosalía o 15 de abril, ás 20:30. Entrada libre até completar capacidade. En colaboración coa Fundación Manuel María e a AS-PG
PASEA COA LITERATURA: Itinerarios virtuais. Podes gozar cos roteiros literarios pola cidade: As figuras literarias de Méndez Núñez (1, PDF, 3,1 MB, 2 PDF, 3,1 MB), Rosalía na Coruña (PDF, 7,0 MB), Jenaro Marinhas del Valle.
A BIBLIOTECA DO CONSULADO E AS XOIAS DA ILUSTRACIÓN TARDÍA - VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA DO CONSULADO: Unha visita ao mes (2º xoves de cada mes, ás 18:00h) desde abril para amosar á cidadanía a biblioteca pública máis antiga do estado e os seus fondos. Grupos reducidos. Preciso anotarse no número de teléfono 981 206274 ou por correo electrónico.
FESTA DO LIBRO: As librerías ubícanse nos Xardíns de Méndez Núnez do 21 ao 25 de abril. En colaboración coa Agrupación de Libreiros da Coruña
CASETA DE ATENCIÓN PRIMARIA - CONSULTORIO DE LECTURA: Na Festa do Libro dos Xardíns de Méndez Núnez tamén estarán “bibliotecarios/as-mediadores-especialistas” para “receitar” e “recomendar” libros que se poden atopar nas bibliotecas e nas casetas da “festa-feira”.

PENSO QUE POR MIN CHAMADES. HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO: Concerto de Follas Novas o 29 de abril no Teatro Rosalía ás 20:30.

11/04/10

FIN DE SEMANA DE PREMIOS

Onte, 10 de abril, a Federación de Libreiros de Galicia entregou en Sarria os galardóns da XIX Edición dos Premios Irmandade do Libro que recaeron na poeta Luz Pozo como autora distinguida, A praia dos afogados de Domingo Villar como mellor libro do ano, a Asociación Cultural Monte Branco de Ponteceso na categoría de Institucións, a Libraría Porta da Vila de Viveiro na categoría de librarías, a colección Contemporánea de Rinoceronte Editora na modalidade de obra editorial, o CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra) na modalidade de Centros de Ensino e a asociación Espazo Lectura na de Fomento da Lectura.

NORABOA A TODOS E TODAS!

10/04/10

2500 ANOS DA BATALLA DE MARATÓN


Este ano os gregos celebran os 2500 anos da batalla de Maratón que puxo fin ás primeiras Guerras Médicas, unha serie de enfrontamentos entre gregos e persas. Nesta batalla, celebrada o ano 490 a.C. na chaira de Maratón, situada aproximadamente a corenta e dous quilómetros de Atenas, conta a lenda que os atenienses, temerosos de non poder vencer aos seus inimigos, mandaron a un soldado chamado Filipides a pedir axuda aos espartanos. Filipides cumpre o seu encargo, e despois de percorrer 240 quilómetros de ida e 240 quilómetros de volta en dous días e dúas noites, chega a Maratón e continúa loitando ata que vencen aos persas e de novo é enviado como mensaxeiro ata Atenas para anunciar a vitoria. Malia ser un atleta, o esforzo realizado por Filípides foi tan grande que tan só lle deu tempo a dicir: "nenikekamen" e caeu morto.

Na súa memoria instituíuse unha proba atlética de resistencia denominada maratón na que os corredores teñen que percorrer tamén 42 quilómetros ata chegar á meta.


08/04/10

O TEATRO DA FIN DE SEMANA

Sarabela Teatro volve a representar no teatro Rosalía de Castro da Coruña a súa adaptación da novela A Esmorga de Blanco Amor. Non perdades a oportunidade de vela porque merece a pena.

Lembrades que o ano pasado celebramos os 50 anos d'A Esmorga ? Pois con este motivo publicouse en Ourense un libro con diferentes textos e actividades relacionadas coa Esmorga e con outros aspectos da obra de Blanco Amor titulado:


Nel tedes banda deseñada, xogo de rol, ensaio, música, títeres e deseño gráfico

INVOCACIÓN ÁS MUSAS

Chegados xa a estas datas, nas que faltan pouco máis de quince días para a SEMANA CULTURAL DE GRECIA, non semella mala idea dedicarlle un tempo a facer unha invocación ás Musas, para que nos presten por uns días un chisco desa inspiración que elas atesouran. Polo menos iso pensamos os membros do club de lectura “Arquivos do trasno”, e onte decidimos converternos cada un de nós nunha Musa, e colaborar nas actividades cunha exposición sobre estas deusas.
Mais por se alguén non sabe cómo se fai unha invocación ás Musas, aquí tedes a que o poeta Hesíodo fai na súa obra A Teogonía:

“¡Saúde, fillas de Zeus! Outorgádeme o feitizo do voso canto. Celebrade a estirpe sagrada dos sempiternos inmortais, os que naceron de Xea e do estrelado Urano, os que naceron da tenebrosa Noite e os que criou o salobre Ponto.(…) E inspirádeme isto, Musas que desde un principio habitades as mansións olímpicas…”
[Teogonía 104-115]
Aproveitemos para ler esta obra clásica, na que Hesíodo nos relata a orixe dos deuses, e que é o único catálogo sistemático dos deuses en toda a literatura grega. Tamén, por qué non, podemos ler Os traballos e os días, onde trata da xustiza e da necesidade de traballar intensamente, para o cal acode ao mito de Prometeo, Pandora, o mito das 5 idades e a fábula do falcón e o reiseñor. Ademais dá ao seu irmán Perses instrucións sobre a vida dos campesiños, o comercio marítimo, a conduta relixiosa e moral e o calendario dos días afortunados e desafortunados.

“Vós, Musas, sodes deusas que o sabedes todo, mentres que nós só escoitamos a fama e non sabemos nada”. [HOMERO, Ilíada II, 484]

06/04/10

OS MARTES, POESÍA

Urbano Lugrís

Aproveitando a celebración do aniversario de Antón Avilés de Taramancos, hoxe imos iniciar os martes poéticos para tratar de achegarnos á poesía sen medo.

Avilés de Taramancos
foi un poeta da xeración dos 50 se ben, por circunstancias da vida, a maior parte da súa poesía foi publicada a partir dos anos 80.

O seu primeiro poemario titulado As moradías do vento, apareceu no ano 1955, ao que seguiron A frauta y-o garamelo e Pequeno Canto en 1959. En 1961 marcha de emigrante para Colombia onde escribe Os poemas da ausencia que publicará no ano 1982, xa de volta en Galicia, co título de O tempo no espello. Despois virán Cantos Caucanos en 1985, que recibe o Premio da Crítica Española, e As torres no ar e Nova Crónica de Indias en 1989. E finalmente Obra viva, Última Fuxida a Harar e Antoloxía poética, publicados postumamente no ano 1992.

Avilés
colaborou dende moi novo en revistas literarias e tivo relación con intelectuais e artistas do seu tempo como o pintor Urbano Lugrís, que lle transmitiu o seu entusiamo pola cultura clásica e do que mesmo herdou o pseudónimo de Ulises Fingal. Isto podemos comprobalo nas abondosas referencias ao mundo clásico, especialmente relacionadas coa Odisea, que atopamos na súa obra.

Lembrémolo, pois, coa lectura deste poema de despedida do seu poemario Última fuxida a Harar:

Anxo da noite, cazador no escuro
que vés flamíxero a me expulsar do souto:
o varal está listo, a andalia posta,
o corazón afeito ao longo exilio.

O mundo que eu criei foi só de sombras,
soños foron os froitos, as vendimas,
e só o amor brillou, brillou acaso
tamén o lar da patria sempre aceso
que me mantén o sangue enaltecido.

Mais a palabra, si, foi sempre viva,
foi espada e arado e cotovía,
lanza de señardá, ai meu amigo,
derrota e singradura. O artificio
é o que me leva agora a este desterro:
quero volver á simples moradía
que un día fixen no dintel do vento,
á terra de labor, xa feito cinza
para pular na saiva, e ter de novo
os paxaros na man... Ese outro tempo!

05/04/10

EL GRAN BAZAR DEL FERROCARRIL

Aínda que comecen mañá as clases, quen nos impide seguir viaxando? Non se necesita facer reserva de billete nin facer a maleta..., e ademais é gratis. Só temos que entrar en El gran bazar del ferrocarril e deixarnos levar pola máquina.
Paul Theroux, o autor do libro, sente unha atracción especial polos trens dende neno e cada vez que escoita o aubío dun tren non pode reprimir a tentación de subir a el. Tanta é a súa teima que un día sobe a un na estación Victoria de Londres disposto a coñecer todos os que hai de alí a Tokio. Así pois, o libro é a crónica da súa viaxe nos diversos trens a través de Europa, Turquía, Extremo Oriente e Siberia.
Preparados para comezar? Pois, boa viaxe!

04/04/10

UNHA VOLTA SEN SOBRESALTOS

Cando as vacacións apuran as últimas horas o que se adoita facer é aproveitalas ata o esgotamento, e isto acaba producindo o efecto contrario ao que se quere provocar.
Para non atoparnos nesta situación, talvez fose máis produtivo investilas en descansar e dormir as horas de rigor e así poder erguernos o primeiro día da volta ao traballo máis frescos ca unha leituga. Ou non?
COMPROBÁDEO VÓS MESMOS.

03/04/10

UNHA VIAXE DE VERTIXE

Hoxe en lugar dunha viaxe no espazo propoñémosvos unha viaxe no tempo. Unha viaxe ao comezo da vida. Estades preparados?
Pois, adiante.

02/04/10

DIA INT. DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Chegou abril, o mes no que máis oímos falar de libros nos medios de comunicación.

Hoxe, 2 de abril, temos a primeira celebración: o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, para conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos tan intemporais como A sereiña, As fabas máxicas, A raíña das Neves, O soldadiño de plomo, O patiño feo e tantos outros que xa se poden ler en formato dixital.

Este ano correspondeulle á sección española do IBBY elaborar o cartel e a mensaxe para o que convocaron un concurso. Os gañadores foron a ilustradora Noemí Villamuza e o escritor Eliacer Cansino.

O 32ºcongreso do IBBY vaise celebrar en Santiago de Compostela entre o 8 e o 12 de setembro, aproveitando o Ano Xacobeo. O logo do congreso e o cartel anunciador foron feitos polo ilustrador lugués Xan López Domínguez que xa ten unha merecida sona internacional no ámbito do libro infantl e xuvenil.

No transcurso do congreso farase entrega do premio bianual Hans Christian Andersen 2010, o Nobel da literatura infantil e xuvenil, ao escritor inglés David Almond e á ilustradora alemana Jutta Bauer.

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (117) actualidade (36) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (49) baile (4) bibliotecas (73) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (82) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (169) encontros con escritores (14) enlaces (245) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (5) Galicia (41) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (40) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (52) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (42) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (122) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER