Hai hoxe vinte anos caía o denominado Antifaschistischer Schutzwall (Muro de protección antifascista), símbolo da guerra fría entre a URSS e EEUU que dividía Berlín en dúas zonas: oriental e occidental. Este muro de 45 quilómetros que impediu durante 28 anos a libre circulación dos cidadáns alemáns polo seu país, e provocou a separación de moitas familias e a morte de moitos dos que intentaron saltalo, empezou a ser derrubado a noite do 9 de novembro de 1989 ante os ollos atónitos dos espectadores de TV e dos cidadáns alemáns que o contemplaban "in situ".
Aquel día semellaba que o mundo era máis libre. Pero o tempo pasa e a historia repítese, e volven a construírse muros, a maioría invisibles, e, polo tanto, cada vez máis difíciles de derrubar. Con todo aquel 9 de novembro era o final dunha época que Joaquín Sabina evoca coa súa característica ironía no seu MURO DE BERLÍN:

Os que queirades saber algo máis sobre a Guerra Fría podedes entrar AQUÍ onde atoparedes moitas actividades para aprender xogando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario