
Hai hoxe cen anos nacía no concello de Cartelle (Ourense), Carlos Velo, cineasta e documentalista da República.Velo entrou en contacto co galeguismo do Grupo Nós na súa época de estudante en Ourense e posteriormente, cando marchou a Madrid para estudar Ciencias Naturais, participou nas actividades da Residencia de Estudiantes. Durante a República colaborou coas Misións Pedagóxicas ata que a Guerra Civil o obrigou a marchar exiliado para México no 1939. Alí entrou en contacto con outros intelectuais españois exiliados e con moitos outros americanos. Identificado co galeguismo, colaborará nas revistas Saudade e Vieiros con Delgado Gurriarán a e Lois Soto e na fundación do Patronato de la Cultura Gallega. En México desenvolverá tamén a súa carreira cinematográfica. Colaborará con Buñuel, con J.A. Bardem e levará ao cine a obra do seu amigo Juan Rulfo, Pedro Páramo, da que vos deixamos este trailer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario