Este ano non vos imos dar ningunha guía de lectura de Nadal pero si vos imos recomendar algún libro que podedes regalar ou que podedes pedir de regalo.
- Para os que estades no 1º ciclo da ESO, xa que temos este mes a bibliteca chea de piratas, podedes ver vós mesmos na exposición os libros que máis vos gustan. Se queredes clásicos de piratas, ide directamente a Peter Pan de Matthew Barrie, A illa do tesouro de Stevenson, O Corsario Negro de Salgari e se preferides outros máis modernos tedes Os piratas da illa da Esperanza de Rivadulla Corcón ou Pirata de María Reimondez, publicados por Xerais. E sen ser de piratas tedes tamén libros preciosos para regalar como El Principito da ed.Salamandra ou Emily the Strange. Los días perdidos de ed. SM ou Charles Darwin: la aventura de la evolución de Ed. Montena.
- Aos do 2º ciclo da ESO que queiran viaxar este Nadal sen se mover da casa recomendaríamoslles Breve guía de lugares imaginarios, editado por Ed. Alianza; Bajo la jaima. Cuentos populares del Sahara de ed. Miraguano; El pequeño gran libro de la ignorancia de Lloyd e Mitchinson; O home que plantaba árbores, editado por Xerais, Eskoria, editado por SM ou Sidecar de Alberto Lema.
- E finalmente os de Bacharelato tedes libros como Sol de inverno de Rosa Aneiros, El blog del inquisidor de Lorenzo Silva, Los girasoles ciegos de Alberto Méndez ou O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, que seguro que vos gustarán.
Ademais podedes botarlle un ollo aos libros que chegaron este trimestre á biblioteca no enlace NOVIDADES, situado en ENLACES BIBLIOTECA na páxina principal do blogue.
2 comentarios:
Os nosos mellores desexos para o 2010!!
Apertas dende Fene
Tamén vos desexamos un feliz ano e moitos ánimos para seguir no camiño emprendido. Unha aperta
Publicar un comentario