Adelaida Vidal Vizcaya, exalumna do noso insti, acaba de recibir o duodécimo Premio Risco de Creación Literaria pola súa primeira novela titulada Olladas que, segundo o xurado, "é unha novela na que cómpre salientar un relato minimalista, cheo de realismo e frescura narrativa, con personaxes moi contemporáneos que apostan polos soños".
A autora novel declara ao xornal La Voz de Galicia que se iniciou literariamente "nalgún blog, aínda que non tivo moita continuidade. No caso do texto premiado, antes foi un borrador, logo un conto e máis tarde acabouse convertendo en novela». «Estiven traballando con esta idea nos últimos catro anos, aínda que fose de forma descontinua».
Adelaida, que estudou arte dramática e na actualidade está a estudar psicoloxía, colabora no programa Land Rober da TVG.
A nosa máis sinceira noraboa polo premio e que veñan moitos máis.
2 comentarios:
Adelaida Vidal está encantada de que o seu instituto siga a lembrarse dela. Moitas grazas, e un bico!
É unha honra para nós poder falar de alumnos e premios literarios. Un bico tamén para ti.
Publicar un comentario