Os membros do trasno na rede (club de lectura do IES Rafael Dieste) queremos facervos partícipes do que estivemos a facer no primeiro trimestre:
- En outubro limos e comentamos El río que se secaba los jueves de Víctor González
- En novembro as Greguerías de Ramón Gómez de la Serna
- En decembro "a fauna máxica" que aparece na obra Escola de menciñeiros de Álvaro Cunqueiro para commemorar o centenario do nacemento do autor, e El misterio de la cripta embrujada de Eduardo Mendoza.
- En poesía estamos lendo poemas sobre a nenez para a fin de curso publicar a selección.
Podedes ler toda a información ao respecto no blog que xestionamos os compoñentes do club.
Este curso queremos dedicarlle un tempo tamén aos cómics e ao cine.
As reunións son quincenais, os martes de 18.10 a 18.40, e gustaríanos animarte a que acudas ás próximas reunións que comezan hoxe martes 10 de xaneiro e coas túas suxestións enriquezas o club.
Ningún comentario:
Publicar un comentario