O escritor francés Patrick Modiano (Boulogne-Billancourt, 30 xullo 1945) ven de ser premiado co Nobel de Literatura 2014, que se suma ao Gran Premio de Novel Francesa en 1972 eo Premio Goncourt en 1978. De pai, descendente de xudeos italianos que emigraron a París dende Grecia, e nai belga. É un dos narradores europeos de máis influencia, con obras tan importantes como Dora Bruner ou O café da xuventude perdida. As súas grandes novelas son cortas en páxinas pero de grande intensidade narrativa e intelectual con un relato único e valente dos peores momentos da Francia do século XX: o réxime neonazi de Vichy e a ocupación do país polos alemáns durante a II Guerra Mundial. Algunhas das súas novelas foron adaptadas ao cine.
Entre as súa principales novelas están:
- Rúa das tendas escuras.
- Os bulevares periféricos.
- A triloxía da ocupación.
- Domingos de agosto.
- O rincón dos nenos.
- As descoñecidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario