Este día celébrase cada ano dende 1993. Con este día, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, quere concienciar ao mundo sobre a necesidade de erradicar a pobreza e a indixencia en todos os países. Este obxectivo é un elemento fundamental do programa de desenrolo das Nacións Unidas e segue a ser o elemento central dos Obxectivos de Desenrolo do Milienio e da Axenda para o desenrolo despois do 2015.
O tema do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza de 2014 é: "Non deixar a ninguén atrás: pensar, decidir e actuar xuntos contra a pobreza extrema".
Con este lema, recoñécese e subráiase o reto esixente de identificar e asegurar a participación das persoas que viven en condicións de pobreza extrema e exclusión social, agora que a pobreza se extende cada vez máis.
A conmemoración oficial que se celebra hoxe na sede da ONU será unha ocasión para recoñecer ás persoas que viven en condicións de pobreza. Haberá tamén alí unha exposición dunha obra colectiva realizada por persoas que viven na pobreza, unha mesa redonda que tratará dos efectos desproporcionados da pobreza nas mulleres e as contibucións delas para erradicalas.
Axude ás Nacións Unidas a aumentar a conciencia sobre os avances logrados e os retos que aínda existen para as persoas que viven na pobreza. Utilice #EndPoverty para publicar a súas mensaxes sobre este día.
Outras formas de participar:

- Aprende e axuda a compartir as infografías e videos sobre a aceleración dos Obxectivos de Desenrolo do Milenio.
- Inscríbete en Thunderclap para respaldar ás persoas que viven na pobreza
- Coñece ás persoas afectadas pola pobreza e comparte os seus puntos de vista na conmemoración oficial na Sede das Nacións Unidas a través do noso Webcast nun acto que será retransmitido en directo o 17 de outubro.
Para obter máis información sobre o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza e a conmemoración deste ano visite: O Día Internacional para a Erradicación da Pobreza (DAES) e Por un mundo sen miseria
Ningún comentario:
Publicar un comentario