O tema do Día Mundial da Alimentación de 2014, "Alimentar o mundo, coidar o planeta", foi elexido para promover a sensibilización sobre a agricultura familiar e os pequenos agricultores. Centra a atención mundial no importante papel da agricultura familiar na erradicación da fame e da pobreza, a consecución da seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e dos medios de vida, a ordenación dos recursos naturais, a protección do medio ambiente e o logro do desenrolo sostible, en particular nas zonas rurais.
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 2014 o "Ano Internacional da Agricultura Familiar". Esta é unha clara sinal de que a comunidade internacional recoñece a importante contribución don agricultores familiares na seguridade alimentaria mundial.
Máis información: na páxina web da FAO
Ningún comentario:
Publicar un comentario