TODOS FALAMOS GALEGO, CADA QUEN DA SÚA MANEIRA
Tecleando no buscador de Youtube oito letras, Ghalegho, accédese a un orixinal video. Os protagonistas son catro mozos de Rianxo e Dodro que fan unha defensa do idioma galego con todas as súas peculiaridades como son o seseo e a gheada. A idea foi de Noelia Gómez, unha rapaza de Rianxo que estudia Xornalismo en Santiago. E o video está a arrasar na rede.
O video é un traballo para as clases de galego. Noelia explica: «Tiñamos que facer algo sobre o idioma e, como son de Rianxo e falo con seseo e gheada, ocorréuseme reivindicar as peculiaridades da miña zona e, de paso, defender as variantes do galego». Para iso, contou coa colaboración de varios amigos: Imo, Martin, Ana e Carlos.
Video "GHALEGHO":
Ningún comentario:
Publicar un comentario