A actividade que o club de lectura propón para terminar este curso é a de proxectar nas aulas de 1º e 2º de ESO catro audiocontos durante a titoría da semana do 24 ao 28
de maio. A duración de cada un deses contos é de catro minutos. Podería facerse un pequeno intercambio de pareceres entre un e outro conto
porque a temática é interesante. Os contos son de animación e aquí están cunha breve
sinopse:
1-HERMOSO VIDEO - Cuestión de actitude.
[Unha rapaza e un rapaz teñen diferente actitude ante a vida e se atopan. Ela ensinalle a cambiar a súa actitude e, ao final, él opta por pensar positivamente e todo sae ben.]
2-A Cor da Maldade (Cortometraxe Animado 3D) Español
[Unha nena repipi xera odio noutra, que tenta invocar ao diaño para acabar coa primeira. As cousas, aparentemente, saen ao revés e aparece un demo amable e ridículo.]
3-Amor Imposible - SCVE
[Uns personaxes lanzan unha moeda a unha fonte pedindo un desexo. Un mozo e unha moza piden os seus desexos á vez. O hacedor de desexos da fonte fai todo o posible para que se atopen.]
4-Corto de Animación sobre Bullying - Non Xogues Comigo
[Curto sobre o acoso escolar e a oportunidade de acabar con el desde dentro.]
Ningún comentario:
Publicar un comentario