Hoxe á tarde terá lugar no Teatro Rosalía de Castro a estrea de A casa da Luz, unha película de Carlos Amil baseada na novela homónima de Xabier P. Docampo que fora gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
A través dunha historia plantexada como un xogo na que un grupo de nenos vai á percura dun pintor e profe de debuxo desaparecido nun mundo descoñecido e misterioso, a película A casa da luz "quere convidar aos nenos - e tamén ós que deixaron de selo - a unha viaxe na que descubran por medio da diversión, as emocións e a sorpresa que cada día podemos volver a casa máis sabios se conseguimos superar o medo ó descoñecido, que a amizade é máis indestrutible do que supoñiamos e que a solidariedade e a unión entre os pequenos permite vencer aos poderosos.” (Vimbio Films). Un proxecto integramente galego dende a dirección, produción, dirección artística, actores, lingua da rodaxe e recreación do mundo pictórico ao que alude o texto, obra do ilustrador Xosé Cobas, autor tamén das ilustracións do libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario