20/05/10

DIVÍRTETE COAS MATEMÁTICAS

Forges ilustra e Millás enche os bocadillos, ou o escritor elixe o friame para que o humorista gráfico o emparede. A orde non está clara, e mellor non preguntar por se che explican un sistema de traballo pouco ortodoxo. O caso é que a unión destes dous xenios pariu un libro sobre a vida soñada do sistema métrico decimal, aquí un sistema asimétrico paranormal. Leva por título Números pares, impares e idiotas e seguro que vos ides divertir moito léndoo.
Ilustración e texto están intrínsecamente relacionados, cun mesmo ton, irónico e á vez tenro, como se pode ver na ilustración e o fragmento que tedes a continuación:

“No es que fuera fácil contar y numerar con los números romanos, pero eran mejor que nada.

- Yo tengo XXX años.
- Yo quiero V kilos de patatas.
- Pedro me ha quitado VI cromos.
- A mi hijo le han salido XV granos en la cara.

Entre tanto, había en África unos números árabes muy fáciles de entender y muy prácticos para contar y para numerar las cosas, que al enterarse de las dificultades europeas decidieron emigrar en busca de un trabajo aritmético digno.”

Ou no capítulo "El caso del número discapacitado" que podedes ler premendo sobre as letras do título.

E cando rematedes con este podedes seguir con estoutros:



Mirade ben cales vos resultan máis chamativos e logo pasade pola biblioteca a solicitar o préstamo.

E se queredes dar un paseiño matemático pola historia da literatura só tedes que facer clic AQUÍ.

2 comentarios:

Javier Martín Betanzos dixo...

Acabo de ver o capítulo do número discapacitado. Ideas coma esas só poden sair de Forges e Millás.
En realidade, pasámonos a vida intentando ser normais e apremiando aos demáis a que o sexan. A peor discapacidade que hai é non ter corazón e sensibilidade. Convídavos a ver o video que hai ao final dunha entrada no meu blogque referencio ao final e que retrata de forma parecida esta cuestión; pero, tamén, dunha maneira orixinal, moi plástica e fácil de entender por todos, mesmo, por quen non o queren entender.
http://martinbetanzos.blogspot.com/2010/01/educacion-inclusiva-mas-alla-de-la.html

Marta dixo...

Estou totalmente de acordo contigo. Pero ás veces as persoas son así por ignorancia. A educación é fundamental en todos os casos.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER