Lorenzo Silva gaña o Premio Planeta con "La marca del meridiano", unha nova entrega protagonizada polo brigada Rubén Bevilacqua e a sarxento Violeta Chamorro que o autor considera "a mellor da serie". A novela, segundo o seu autor, conta a historia dun home nacido en Montevideo, que vive en Madrid, que ten que investigar en Barcelona o asasinato dun garda civil xubilado co que está vencellado un dos personaxes e pon de manifesto "a realidade dunha sociedade española en crise económica, pero tamén en crise moral e coas súas complexidades territoriais".
A nosa noraboa a Lorenzo Silva, a quen tivemos a oportunidade de coñecer o curso pasado no noso instituto e nos deixou entusiasmados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario