16/05/17

APADRIÑANDO NOVOS LECTORES DO COLEXIO CEIP DE PRÁCTICAS


Onte recibimos a primeira das visitas dos nosos afillados lectores. O alumnado de 5 anos do colexio adscrito de "Prácticas" chegaron ao noso centro a participar na actividade. Incluímos fotos de toda a visita:


Tras chegar e visitar as distintas exposicións e manipulacións preparadas, pasaron á Biblioteca, donde despois de escoitar o conto de "A Galiña Azul" de Carlos Casares, pasaron a dibuxar as súas propias galiñas...

Video "A GALIÑA AZUL":





Na foto superior podedes ver ás creacións dos nosos pequenos artistas. Posteriormente, o noso alumnado de 4ªESO, pasou a apadriñar ao seu correspondente lector coa selección de libros infantís cedidos pola Biblioteca Municipal de Os Rosais.


Finalmente os rapaces voltaron ao seu cole moi contentos de ter visitado ao insti dos rapaces maiores e der ter participado nunha actividade tan divertida e interesante.


E o noso alumnado de 4ºESO quedaron moi orgullosos de ter participado e fomentado o gusto polos libros e a lectura entre os máis pequenos.

Video "A TOUPIÑA":


Tamén esta actividade tivo eco no xornal e así apareceu recollido en "La Voz de Galicia":



AGRADECEMENTOS:
Dende Arquivos Do Trasno queremos agradecer a todas as persoas que tomaron parte nesta actividade:
- Biblioteca de Os Rosais pola selección de lecturas.
- O alumnado de 4ºESO polo seu interese e as horas adicadas a ensaiar e a preparalo porque sen eles non tería sido posible a actividade.
- Ás profesoras e directora do Colexio de Prácticas por involucrarse e traer aos rapaces.
- Ás profesoras de ciencias do instituto: Patricia Martínez por explicarlles sobre o horto e as sementes, Paula Neira por preparar as exposicións e manipulacións du cunchas, fósiles, minerais [que xa comentamos AQUÍ]. Tamén a profesora de sociais Luisa Blanco pola exposición dos traballos do seu alumnado.
- O profesor de lingua castelá Carlos Blanco que axudou a coordinar xunto coa responsable de Biblioteca Sarah Dumesnil do centro toda esta actividade, ademáis do resto do equipo da biblioteca.
Moitas grazas a tod@s.

Ningún comentario:

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER