Comentamos unha curiosidade, abundando no tema da semana cultural deste ano: O Cosmos. Hoxe celébrase o Día da "Guerra das Galaxias" ou "Star Wars Day". E sabedes por qué? Pois por un xogo de palabras en inglés dunha das frases célebres e míticas da saga:
"MAY THE FORCE BE WITH YOU!",
ou o que é o mesmo "QUE A FORZA TE/VOS ACOMPAÑE!" que en inglés pronúnciase dunha forma similar a
"MAY THE FOURTH BE WITH YOU!"
que significa que "O CATRO DE MAIO ESTAR CONTIGO". Esta segunda frase foi publicada neste día de 1979 por un xornal inglés para felicitar a Margaret Thatcher polo súa victoria electoral ao posto de Primeira Ministra británica.
Agora é un día de homenaxe á saga de George Lucas, creada polos fanáticos da serie e difundida polas redes sociais.
Nos celebrámolo facendo unhas caixas de R2D2 para entregar os premios do Cosplay (unhas medallas Star Wars feitas en impresora 3D pola Troba Corriban) e fixemos hoxe a entrega, aproveitando a data.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

Ningún comentario:
Publicar un comentario