Entramos na semana das Letras Galegas. Este ano adicado a Carlos Casares.
A actividades de celebración da nosa biblioteca consistirán nunha introdución sobre o autor e a continuación a narración do conto: "A galiña azul", seguida dunha actividade artística que ten que ver co conto e logo se formarán parellas lectoras.
-16 de maio: acto central na biblioteca, no que haberá:
- unha presentación sobre o autor
- narración a cargo do alumnado dun conto e/ou artigo de Casares
- dez relatos en diferentes linguas do alumnado (wolóf, iraniano, xaponés, neerlandés, nixeriano, ruso, chino, español de Perú...lidos nas linguas orixinais e traducidos tamén ao galego.
- un rap sobre Casares composto e cantado polo alumnado
- un rap sobre os pronomes en galego composto e cantado polo alumnado
- actuación do coro do Instituto
- actuación do coro do Instituto
- exposición de obras do autor e escolma dos relatos recopilados polo alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario