Cando a xornalista Begoña Caamaño presentou o seu libro Circe ou o pracer do azul na Coruña, comentou que os mitos seguen a ter unha actualidade asombrosa. E iso podémolo comprobar na súa novela, na que realiza unha reescritura de Homero desde un punto de vista feminista.
Porque como di Oriana Méndez " o fundamental nas protagonistas non son as súas respectivas condicións de deusa e de mortal, senón a condición compartida de muller."
En Circe ou o pracer do azul, Penélope, case convencida da morte do seu home despois de agardar por el durante once anos, recibe un día unha carta dunha misteriosa muller chamada Circe que lle di que o seu home vive con ela un romance apaixonado e que lle escribe porque non podería ser "digna da felicidade que agora posúo de non vos facer partícipe da verdade." A partir deste momento comenza entre ambas unha relación epistolar na que falan e reflexionan tamén sobre outras mulleres famosas como Helena, Medea, Andrómaca...e que provocará unha serie de cambios nas súas vidas.
"A Circe que defende Caamaño é unha muller libre, antes que unha deusa pérfida. Apaixónase, pero tamén coñece o cálculo, polo que a terrible sona que a acompaña está incluso prevista e premeditada", lembra O. Méndez, quen nos fala tamén de Penélope nestes termos: "Ademais de se perfilar como a esposa prudente, xuizosa, firme e leal ao seu reino e ao seu rei ausente, cala os acontecementos e os motivos que lle outorgan razón de ser á novela, xa que quizais de Penólope ser só o que aparenta ser, non podería manter o pulso a Circe nas cartas que anunciaban a perda de Ulises."
1 comentario:
"¿ Quién se ha puesto mis alas ?"
Rafael Pérez Estrada
Publicar un comentario