Premede sobre a imaxe
Hoxe celébrase o Día Mundial da Auga, creado pola UNESCO para concienciar á sociedade da importancia de preservar a calidade da auga e para exhortar aos gobernos a adoptar as medidas necesarias que a garantan.
Algunhas medidas que podemos aplicar no noso día a día poden ser:
Hoxe celébrase o Día Mundial da Auga, creado pola UNESCO para concienciar á sociedade da importancia de preservar a calidade da auga e para exhortar aos gobernos a adoptar as medidas necesarias que a garantan.
A auga é un ben escaso porque só o 3% da auga do noso planeta é doce, e por riba unha parte dela está conxelada en glaciares e icebergs. De aí os conflitos que xera en lugares nos que é difícil acceder a ela. A nosa vida depende da auga, de aí o lema deste ano: AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAN, porque a contaminación da auga repercute directamente no medio ambiente e no benestar das persoas.
Arredor de 2500 millóns de persoas viven sen un sistema adecuado de saneamento e as enfermidades que se propagan pola auga causan cada ano a morte dun millón e medio de nenos. Disto todos somos responsables. De todos depende adoptar medidas para protexer a auga da contaminación e controlar o seu uso.
Algunhas medidas que podemos aplicar no noso día a día poden ser:
No váter:
Revisar o tanque e as tuberías do váter para previr as fugas. O uso do inodoro representa o consumo de 26 litros por día e unha fuga equivale a desperdiciar moitos litros ao día.
No baño:
Enxaboarse coa billa pechada para non gastar auga porque deixala aberta supón gastar 26 litros por minuto.
Na cociña:
Pechar a billa mentres enxaboas a vaixela porque con ela aberta desperdicias 25 litros por minuto.
No lavado da roupa:
Se lavas a roupa á man, utilizar a auga de lavar para botar ao vater. Se lavas coa lavadora esperar a ter roupa suficiente para economizar lavados.
Nos xardíns:
Ningún comentario:
Publicar un comentario