Algunha suxestión ben atractiva podería ser:
Amor en juego, un fermoso album ilustrado de Elena Ferrándiz editado por Thulé que recolle unha morea de xogos utilizados polos namorados dende hai centos de anos. Os xogos aparecen divididos en cinco grupos dependendo do momento no que se atope cada parella: namoramento, conquista, emparellados, desiguais e solitarios. E ten unhas ilustracións extraordinarias.

Ou Los amantes mariposa de Benjamin Lacombe, unha adaptación dunha lenda popular china sobre o tráxico romance de dous namorados, Naoko e Kamo.
Naoko é unha rapaza de catorce anos que seu pai manda á cidade para ser educada convenientemente coa finalidade de conseguir un bo marido, pero cando chega á cidade disfrázase de rapaz para poder estudar literatura, que é o que a ela lle gusta. O problema surxe cando coñece a Kamo, o seu compañeiro de estudos, co que inicia unha historia de amor de tráxico final.
Tamén neste álbum as ilustracións, feitas polo propio Benjamin Lacombe, son fermosísimas.
Tamén neste álbum as ilustracións, feitas polo propio Benjamin Lacombe, son fermosísimas.
1 comentario:
Dous libros fermosísimos!
Publicar un comentario