Nuria Espert está a representar esta fin de semana no Rosalía de Castro La violación de Lucrecia de W. Shakespeare, un poema de 1855 versos inspirado nunha lenda recollida por Livio na súa Historia da Fundación de Roma.
30/04/11
29/04/11
JAUREGUIZAR NO INSTI
27/04/11
SEMANA INTERCULTURAL (I)
Xa queda pouco, xa case está aí. A impaciencia é grande pero...Menos mal que aínda faltan uns días! É tanto o que hai que preparar! Mais no centro nótase xa certo ambiente "intercultural", Venezuela, Colombia, EEUU, Croacia, Brasil, Uruguai, Armenia, República Dominicana, Alxeria e...unha homenaxe a Xapón.
Pois ben, todo isto terá lugar no noso centro do 9 ao 13 de maio. Serán días de contos, música, poemas, bailes...e unha morea de cousas que estamos todos a preparar con ilusión.
QUE EMPECE A CONTA ATRÁS...10, 9, 8.......
25/04/11
XENIOS OU ADIVIÑOS?
Todos sabemos que na Grecia antiga existían os adiviños [μάντεις]. Famoso é n´A Ilíada CALCAS TESTÓRIDA quen, segundo Homero, coñecía "o que é, o que foi e o que será" . Tamén TIRESIAS, o adiviño a quen consulta Odiseo no Hades, seguindo as instrucións de Circe, ou o que lle di a Edipo unha verdade que este se nega a crer.
Mais hoxe non imos falar destes adiviños antigos, senón de homes do século XX que ás veces semellan ser tamén adiviños e que, igual que Calcas, coñecen o presente, o pasado e o futuro. Escoitade este vídeo que recolle unha entrevista feita a ISAAC ASIMOV en 1988, e despois nos dicides se non temos razón.
Mais hoxe non imos falar destes adiviños antigos, senón de homes do século XX que ás veces semellan ser tamén adiviños e que, igual que Calcas, coñecen o presente, o pasado e o futuro. Escoitade este vídeo que recolle unha entrevista feita a ISAAC ASIMOV en 1988, e despois nos dicides se non temos razón.
15/04/11
VALLE INCLÁN: CITA OBRIGADA ESTA FIN DE SEMANA
A compañía de teatro aragonesa Teatro del Temple e a andaluza La Zaranda participan esta fin de semana na homenaxe a Valle Inclán no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, cando se cumpren 75 anos da súa morte. O venres e o sábado Ricardo Joven e Pedro Rebollo darán vida ao poeta cego Max Estrella e ao seu amigo Don Latino deambulando polo Madrid máis sórdido entre delincuentes, prostitutas, proletarios mal pagados, policías, periodistas, ministros...cos que Valle inventa o esperpento. O director de Luces de Bohemia, Carlos Martín, asegura que a obra "tiene toques muy modernos dentro del delirio poético, con guiños humorísticos pese al Vía Crucis que se presenta y con personajes con mucha chispa". Define ao protagonista como "un personaje inadaptado que viaja hacia su autodestrucción; no es un héroe sino un pobre diablo, aunque maravilloso"; en una época que conviven el oficialismo y la bohemia. Algo parecido "a los que vivimos los años 80, los años libres primeros de la democracia, donde ya se advertía que algunos estábamos condenados a la vida bohemia y otros que se van a colocar."
O domingo a compañía de teatro La Zaranda, Premio Nacional de Teatro 2010, pon en escena Nadie lo puede creer de Eusebio Calonge: “Un soberbio sainete espectral” ( El País); “Fantasía que diseca y ventila los aires de una España rancia y agonizante” (El Punt); “Su producción más lograda con un texto redondo y su personalísima poética mas depurada y efectiva que nunca” (Miradas 2. TVE).
Para Calonge "cada espectador es testigo de la fractura de tiempo que implica el teatro. Nuestro lenguaje es alegórico y comparte múltiples interpretaciones, cada espectador saca interrogantes diferentes y el "no saber" le produce la emoción, porque se le deja ante preguntas radicales, el punto a medio camino entre la vida y la muerte que es el teatro."
TODAS AS FUNCIÓNS SON ÁS 20,30 HORAS
14/04/11
ENCONTROS DO PLAMBE
Os días 7 e 8 de abril celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago os Encontros do PLAMBE. O xoves reunímonos aqueles centros que entramos a formar parte este ano por primeira vez do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, ao redor de 75 centros. Faláronnos de cómo, por qué, para qué as bibliotecas escolares, do uso da páxina web de Meiga, dos fondos que debe ter a colección, de novidades tecnolóxicas. En fin, que acabamos un tanto "agobiados" polo traballo que se nos vén enriba: a renovación do PLAMBE o día 5 de maio, a memoria o 10 de xuño e, por medio unha morea de actividades, incluída a semana intercultural no noso centro. Pero entón veu a cea e, con ela, a música, a charla entre nós, a catarse. Aínda que din que "mal de muchos consuelo de tontos", a verdade é que consola ver que todos estamos igual. Ademais desa charla xurdiron colaboracións interesantes.
O día seguinte, xa todos xuntos, os 374 centros do PLAMBE, faláronnos de avaliación, reunímonos por zonas para intercambiar puntos de vista e futuras colaboracións, visitamos a exposición de tantos traballos que facemos actualmente desde as bibliotecas dos centros, comimos e tomamos café sentados no campo. A guinda final foi NEIRA VILAS, que gustazo escoitalo falar! Conserva aos seus 82 anos unha mente moi lúcida e unha conversa amena e chea de optimismo e vitalidade. Pediu perdón por estar vivo, MAIS EU AGRADÉZOLLO porque tiven a ocasión de asistir a unha charla moi agradable.
Como non levei a cámara de fotos, déixovos esta reportaxe fotográfica tomada prestada do blog o segrel do penedo, e un enlace ao espazo Moodle de Bibliotecas Escolares para que vexades a información.
13/04/11
PROXECTO LECTOR
Onte tivemos o claustro para tratar o PROXECTO LECTOR DO CENTRO.
Para poder desenvolvelo con criterio, é necesario recoller uns datos previos, que son os que vos pedimos nas ENQUISAS elaboradas polo Equipo da Biblioteca. Para cubrir as enquisas os profesores temos que facelo nos ordenadores da sala de profesores, premendo nos enlaces creados no escritorio para tal fin. Son dúas as enquisas que temos que cubrir, unha sobre o uso da biblioteca e a outra sobre o libro galego que queremos salvar.
Os alumnos cubrirán as enquisas nos ordenadores das aulas materias e cos seus titores. Aqueles titores que non teñan ordenador na súa aula de titoría, poden baixar aos ordenadores da biblioteca, nos que encontrarán os enlaces ás enquisas tamén no escritorio. Son tres as enquisas que teñen que cubrir os alumnos, unha sobre hábito lector, outra sobre uso da biblioteca e a terceira sobre o libro galego que queren salvar.
Ah!, NON ESQUEZADES DARLLE A "ENVIAR" (SUBMIT)
12/04/11
OS MARTES, POESÍA
Concha Méndez (Madrid, 1898 – México, 1986) foi unha poeta da xeración do 27 coma o seu home Manuel Altolaguirre que exerceu un labor fundamental de difusión da obra dos seus compañeiros de xeración en diversas publicacións. Hoxe tócanos a nós facer de difusoras da súa obra. MAPAS
Los mapas de la escuela,
todos tenían mar,
todos tenían tierra.
¡Yo sentía un afán
por ir a recorrerla…!
Soñaba el corazón
con mares y fronteras,
con islas de coral
y misteriosas selvas…
Soñaba el corazón…
¡Oh sueños de la escuela!
Surtidor, 1928
Los mapas de la escuela,
todos tenían mar,
todos tenían tierra.
¡Yo sentía un afán
por ir a recorrerla…!
Soñaba el corazón
con mares y fronteras,
con islas de coral
y misteriosas selvas…
Soñaba el corazón…
¡Oh sueños de la escuela!
11/04/11
ESCOLA DE VERÁN DE FÍSICA
Premede na imaxe para entrar na páxina da Univ. de Porto A Biblioteca dos Ollos Grandes dábanos a coñecer hai uns días no seu blog un curso de verán para alumnos de ciencias que pode ser moi interesante. Na entrada dicían o seguinte:
"O Departamento de Física e Astronomia da Faculdade de Ciências da Universidade do Porto vai, a semellanza dos anos pasados, promove unha Escola de Verão de Física para estudantes de 4º de ESO e 2º de Bacharelato. É unha oportunidade única para que os alumnado interesado en Física e/ou Matemáticas se deixe levar pola curiosidade e a creatividade, aprofundando en temas fundamentais,como o da orixe do universo, as últimas novidades tecnolóxicas, telecomunicacións, aplicações da Física á Medicina, etc.
Neste ano, escollerán 90 persoas para participaren en actividades diversas; especial dedicación vai ter o desenvolvemento dun pequeno proxecto científico, coas fases de aprendizaxe e pesquisa, execución experimental e computacional, apresentación e discusión. Cada participante poderá aínda visitar os Centros de Investigación do Departamento de Física, podendo contactaren directamente con investigadores e alumnado de doutoramento. Paralelamente, haberá os mini-cursos "Teoria da Relatividade" e "Da Mecânica Quântica às Nanotecnologias", así como varias charlas de divulgación científica.
A Escola de Física está convocada para a semana que media entre o 28 de agosto e o 2 de setembro.
O prazo para apresentar as solicitudes de participación acaba o día 31 de maio."
SE QUERES INSCRIBIRTE PREME AQUÍ
07/04/11
DON HAMLET NO ROSALÍA DE CASTRO
Imaxe de Sarabela Teatro Esta fin de semana estará na Coruña a compañía Sarabela Teatro de Ourense dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda coa representación do Don Hamlet de Cunqueiro.
"Dezasete escenas, un ambiente de brétema no inicio e un persistente vento a zoar e que marca vidas e ritmo serven de marcaxe a "O incerto señor don Hamlet", un Hamlet á galega, asinado por Álvaro Cunqueiro." (FarodeVigo.es).
"Sarabela Teatro achéganos a unha obra única de Álvaro Cunqueiro, O incerto señor don Hamlet, texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade e escritura marabillosa. Unha montaxe na que se equilibran as forzas: amor e morte. Toda a traxedia xira arredor da responsabilidade humana nun mundo en descomposición. O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, establece pontes entre tradicións culturais. Cunqueiro toma o mito de Hamlet (príncipe histórico-lendario da Dinamarca do s. I, que sería inmortalizado por Shakespeare) e fai del unha reinterpretación orixinal, mesturando o mito nórdico de Hamlet co clásico de Edipo e adaptándoo á sociedade actual. De amores malditos trata."
Os alumnos de 2º de BACH. tedes unha boa oportunidade para ver representada unha obra que xa coñecedes porque non hai moito que a lestes.
AS REPRESENTACIÓNS SON MAÑÁ VENRES E PASADOMAÑÁ SÁBADO, ÁS 20,30. 05/04/11
OS MARTES, POESÍA
Instalados xa no mes de abril, en plena efervescencia da tola primavera, eliximos esta invitación de Francisco Brines ao goce da efémera xuventude, unha recreación do locus de Ausonio collige, virgo, rosas.
COLLIGE, VIRGO, ROSAS
Estás ya con quien quieres. Ríete y goza. Ama.
Y enciéndete en la noche que ahora empieza,
y entre tantos amigos (y conmigo)
abre los grandes ojos a la vida
con la avidez preciosa de tus años.
La noche, larga, ha de acabar al alba,
y vendrán escuadrones de espías con la luz,
y la alegría acabará en su nada.
Mas aunque así suceda, enciéndete en la noche,
pues detrás del olvido puede que ella renazca,
y la recobres pura, y aumentada en belleza,
si en ella, por azar, que ya será elección,
sellas la vida en lo mejor que tuvo,
cuando la noche humana se acabe ya del todo,
y venga esa otra luz, rencorosa y extraña,
que antes que tú conozcas, yo ya habré conocido.
04/04/11
EXPOSICIÓN NA BIBLIOT. GLEZ. GARCÉS
A Biblioteca González Garcés da Coruña acolle desde o día 1 de abril a exposición Querido Balbino. 1961-2011 Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego, un percorrido pola vida de Xosé Neira Vilas a partir de fotografías, documentos, vídeos e cartas a través dos que podemos coñecer diferentes momentos da súa biografía: exilio en Arxentina e Cuba, amizade con outros exiliados, casamento con Anisia Miranda... e por outro lado a traxectoria da obra máis lida e traducida da literatura galega, da que se teñen feito ademais numerosas adaptacións teatrais e audiovisuais, a partir de fotografías de época e reproducións das múltiples edicións e traducións realizadas. A exposición conta tamén coa proxección dun documental sobre Balbino, 10 traballos dos pintores galegos Paco Lareo, Chema Pazos, Rofer, Esperanza Lema, Federico Fernández, Xoán Domato, Antón Pulido, Herminda Salgueiro, Siro López e o Xaquín Marín, que renden a súa homenaxe á obra, e unha carta do propio autor titulada “Carta a Balbino”, que pecha a exposición.
A mostra, que percorrerá as principais bibliotecas e museos de Galicia, foi inaugurada polo propio escritor, que recibiu ademais unha homenaxe: foi nomeado socio de honra da Asociación galega do libro infantil e xuvenil (Gálix) e foi agasallado cun libro que recolle cartas dirixidas a Balbino, escritas na actualidade por persoas relevantes da cultura e da sociedade galega.
A mostra conta tamén cun catálogo explicativo ilustrado por comentarios aparecidos ao longo deste medio século de vida de Memorias dun neno labrego.
03/04/11
ESTREA D'A CASA DA LUZ
Hoxe á tarde terá lugar no Teatro Rosalía de Castro a estrea de A casa da Luz, unha película de Carlos Amil baseada na novela homónima de Xabier P. Docampo que fora gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
A través dunha historia plantexada como un xogo na que un grupo de nenos vai á percura dun pintor e profe de debuxo desaparecido nun mundo descoñecido e misterioso, a película A casa da luz "quere convidar aos nenos - e tamén ós que deixaron de selo - a unha viaxe na que descubran por medio da diversión, as emocións e a sorpresa que cada día podemos volver a casa máis sabios se conseguimos superar o medo ó descoñecido, que a amizade é máis indestrutible do que supoñiamos e que a solidariedade e a unión entre os pequenos permite vencer aos poderosos.” (Vimbio Films). Un proxecto integramente galego dende a dirección, produción, dirección artística, actores, lingua da rodaxe e recreación do mundo pictórico ao que alude o texto, obra do ilustrador Xosé Cobas, autor tamén das ilustracións do libro.
02/04/11
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Cada ano dende 1962 celébrase o 2 de abril o Día do Libro Infantil promovido polo IBBY, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. E tamén cada ano un país membro da susodita organización é o encargado de editar o cartel e trasmitir unha mensaxe destinado a todos os nenos do mundo. Este ano foi Estonia o pais responsable deste labor creativo co cartel do pintor e artista gráfico Jüri Mildebergiuse e a mensaxe da escritora Aino Pervik, na que fai alusión á literatura como unha forma de coñecer como vivían e medraban protagonistas tan famosos como Oliver Twist, David Copperfield, Tom Sawyer ou Huckleberry Finn a partir das propias experiencias dos autores.
Ademais neste data entrégase cada dous anos o premio Hans Christian Andersen de literatura infantil, o Nobel da Literatura Infantil, a un autor e un ilustrador, que reciben unha medalla de ouro e un diploma de mans da raíña de Dinamarca.
A nosa proposta para o ano 1012 é o escritor Agustín Fdez. Paz e o ilustrador Javier Zabala.
01/04/11
Quen non faría o mesmo?
Que necesitados estamos de historias que nos fagan pensar no que realmente é importante! ou non?
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
ETIQUETAS
8-M
ApadriñaLector
Cosmos
DIVERINTERCULTURAL
DiversidadeCultural
Galicia
Gastronomía
Grego
HoraDeLer
HªEscritura
HªOlimpiadas
LIBROS
LibrosVivintes
MUSE
Nobel
O CINE
O MAR
OPINIÓN
Odisea
P.Cervantes
P.Dado
PATRIMONIOGALEGO
PLAMBE
Pasapalabra
PlanProxecta
RD25Anos
RadioNaBiblio
Radiofiestra
S.C.AntiguaGrecia
Samaín
XOGOSTRADICIONAIS
a lingua
acoso-bullying
actividadeBiblio
actualidade
adolescencia
alfin
amor
animación
arqueoloxía
arte
astronomía
audio
audiovisual
autores
baile
bibliotecas
bioloxía
blog
cartel
centenario
certames
cidades
ciencia
ciencia-ficción
cine
club de lectura
comic
compromiso
concertos
concursos
conferencia
congresos
contacontos
cuca
cuestionario
curta
dereitos humanos
deseño
dicionarios
didáctica
discapacidade
documentais
educación
efemérides
encontros con escritores
enl
enlaces
enquisas
ensaios
entrevista
entroido
exposicións
expresión oral
familias
feminismo
ficha
filosofía
fomento da lectura
fondos
formación de usuarios
formularios
fotografía
francés
física
galego
graduación
guías
historia
homenaxe
humor
ilustración
inglés
iniciativas
intercambio
interculturalidade
internet
latín
letras galegas
linguas estranxeiras
literatura
manualidades
matemáticas
medio ambiente
microrrelatos
mitoloxía
mochilas viaxeiras
mulleres
museos
música
nadal
narrativa
natureza
noticias
obituario
obradoiro
ortografía
patrimonio
paz
pioneiros
poesía
premios
presentación
publicidade
química
radio
recursos
revista
roteiros
saúde
semana cultural
solidariedade
teatro
textos
tics
titoría
traballo por proxectos
traducción
tríptico
verán
viaxes
violencia de xénero
votacións
vídeos
xadrez
xeografía
xogos
xornadas
xornalismo
xubilación
Ágora
PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
O 12 de xuño de 1909 nacía en Seivane, concello de Abadín, A. Iglesia Alvariño. Como todos os nenos de familia labrega daquela época estudo...
-
Con motivo da Semana Cultural adquirimos o compromiso de publicar neste blog algunhas das receitas de cociña que elaboramos para a degustac...
-
Para celebrar o Día do Libro tivemos un evento especial: Feira do libro no patio interior do instituto. Desde Bibloteca e coa colaboración d...
-
A escritora máis famosa de Galicia segue mostrando a súa internacionalidade. Unha mestra galega Xela Cuñarro, que está a ensinar en Irla...
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
Aproveitando o comezo do 3º trimestre o instituto é un fervedoiro de actividades. Nos vos esquezades de mirar o blogue porque imos dar infor...
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
As nenas celebran hoxe, o 11 de outubro, o seu primeiro día internacional, despois de que as Nacións Unidas o declararan a finais d...
-
O escritor vasco Fernando Aramburu (San Sebastián, 1959) ven de ser galardoado co Premio Nacional de Narrativa pola súa útlima novela ...
-
Foto: Gustavo Santos Ven de morrer en Lisboa aos 85 a escritora e periodista brasileira, de orixe galega, Nélida Piñón. Foi a primeira mull...
PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
Nestes días de recollida e limpeza xeral de corpo e espírito, as bibliotecas do IES Pintor Colmeiro de Silleda e do IES As Lagoas de Oure...
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
Por cuestións de axenda, hoxe tivemos unha última actividade que se incluiría dentro da Semana Cultural 2023. Tratouse da oportunidade de co...
-
O 24 de maio cumpriranse trece anos da súa morte . Lois Pereiro (Monforte 1958) só escribiu en vida dous poemarios - Poemas 1981/1991 e ...
-
A lírica é o xénero por antonomasia para cantar amores e desamores dende o comezo dos tempos. Quen mellor que os poetas para debuxar con tr...
-
Para celebrar o Día do Libro tivemos un evento especial: Feira do libro no patio interior do instituto. Desde Bibloteca e coa colaboración d...
-
P. Pallarés, M. A. Fernán Vello, M. Mato, X. L. Valcárcel, M. Rivas, Salinas, L. Pereiro, L. Braxe, X. Seoane e Monterroso nos soportais de ...
-
O 12 de xuño de 1909 nacía en Seivane, concello de Abadín, A. Iglesia Alvariño. Como todos os nenos de familia labrega daquela época estudo...
-
" Lingua proletaria do meu pobo, ... eu fáloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos qu...
-
Aproveitando o comezo do 3º trimestre o instituto é un fervedoiro de actividades. Nos vos esquezades de mirar o blogue porque imos dar infor...
PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían...
-
Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro? Aquí tedes a menciña Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraindi...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
Durante toda esta semana, celebraremos o Día das Bibliotecas cunha exposición con paneis sobre o tema deste ano: as matemática...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...
