Imaxe de Sarabela Teatro
Esta fin de semana estará na Coruña a compañía Sarabela Teatro de Ourense dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda coa representación do Don Hamlet de Cunqueiro.
"Dezasete escenas, un ambiente de brétema no inicio e un persistente vento a zoar e que marca vidas e ritmo serven de marcaxe a "O incerto señor don Hamlet", un Hamlet á galega, asinado por Álvaro Cunqueiro." (FarodeVigo.es).
"Sarabela Teatro achéganos a unha obra única de Álvaro Cunqueiro, O incerto señor don Hamlet, texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade e escritura marabillosa. Unha montaxe na que se equilibran as forzas: amor e morte. Toda a traxedia xira arredor da responsabilidade humana nun mundo en descomposición. O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, establece pontes entre tradicións culturais. Cunqueiro toma o mito de Hamlet (príncipe histórico-lendario da Dinamarca do s. I, que sería inmortalizado por Shakespeare) e fai del unha reinterpretación orixinal, mesturando o mito nórdico de Hamlet co clásico de Edipo e adaptándoo á sociedade actual. De amores malditos trata."
Os alumnos de 2º de BACH. tedes unha boa oportunidade para ver representada unha obra que xa coñecedes porque non hai moito que a lestes.
AS REPRESENTACIÓNS SON MAÑÁ VENRES E PASADOMAÑÁ SÁBADO, ÁS 20,30.
Ningún comentario:
Publicar un comentario