Todos sabemos que na Grecia antiga existían os adiviños [μάντεις]. Famoso é n´A Ilíada CALCAS TESTÓRIDA quen, segundo Homero, coñecía "o que é, o que foi e o que será" . Tamén TIRESIAS, o adiviño a quen consulta Odiseo no Hades, seguindo as instrucións de Circe, ou o que lle di a Edipo unha verdade que este se nega a crer.
Mais hoxe non imos falar destes adiviños antigos, senón de homes do século XX que ás veces semellan ser tamén adiviños e que, igual que Calcas, coñecen o presente, o pasado e o futuro. Escoitade este vídeo que recolle unha entrevista feita a ISAAC ASIMOV en 1988, e despois nos dicides se non temos razón.

Ningún comentario:
Publicar un comentario